‘Cita co alcalde’

Vilalba. É un mércores calquera, día laborable, cara ó mediodía. O alcalde, popular, Gerardo Criado, non está no seu despacho, nin inaugurando nada, nin sequera tomando uns viños cos seus conveciños. Non. Está sentado nun estudio, concretamente no da emisora local, Radio Principal Vilalba Cadena Ser. E para que? Para respostar ás dúbidas, peticións e queixas que os cidadáns lle formulan, case sempre por vía telefónica, no xa tradicional espazo dialogal ‘Cita co alcalde’.

Este modelo de comunicación entre administrador e administrados é un claro e válido exemplo de estratexia relacional, sempre e cando nos refiramos a pequenas ou medianas localidades. Nesta fórmula comunicativa recíproca é o cidadán (entendido como persoa, non como ‘habitante dunha cidade’) o que solicita a presenza do máximo representante do poder local para interrogalo, sen que este saiba de antemán ó que se vai enfrontar, algo que aporta interese, dinamismo e veracidade ó improvisado diálogo.

Certo é que non é unha solución perfecta, por moitos e variados motivos. Non están representadas tódalas forzas políticas que participan do xogo do poder, non hai un control exclusivo do tempo radiofónico (non pode entrar boa parte das chamadas e os afortunados que si poden falar teñen un marco reducido para expoñer a súa cuestión) e, un factor importante que xa sinalabamos anteriormente, soamente é aplicable a municipios demográficamente pouco extensos, xa que, por poñer un exemplo, se isto se fixese co alcalde de Barcelona, o caos na rede telefónica podería chegar a ser inmenso.

Aínda así, e tal e como vai o mundo no que vivimos, este método podería mellorarse coa aplicación das novidades informáticas, a través de redes como Twitter ou Facebook que facilitarían e abaratarían o contacto directo co, neste caso, representante municipal. Queda moito futuro por diante, pero se se comeza a actuar deste xeito, seguramente melloren as relacións entre poder, medios e cidadáns para construír unha sociedade máis preparada, informada e, sobre todo, equilibrada.

Baruk Domínguez Grandío

CLX4

Posted on 13 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion3

    Tes razón, Baruk. Quizais coas redes sociais mellorarían bastante as relacións entre os cidadáns e o órgano executivo local. Considero que, deste xeito, os afectados gozarían da oportunidade de expór as súas queixas, solicitudes e posibles solucións a problemas cotiás que, na maioría dos casos, ou pasan desapercibidos ou non lle interesa/compensa a súa resolución ao alcalde do municipio. É un moi bo acercamento á “masa local/parroquial”. Esta nova relación quizais sirva para elevar o ton de voz da vila, pero dubido que vaia modificar as posturas “soberanas” do gobernante municipal. Quen sabe!

    Néstor Amorín

    • Ola Néstor, en primeiro lugar graciñas por comentar. Eu estou completamente de acordo contigo, xa que me parece que o diálogo é a mellor forma para que os acordos entre administradores e administrados cheguen a un fin común e satisfactorio para ambos actores. É, se ben é certo que nalgúns casos os rexedores locais teñen moito que ver, ben sexa por ansia de protagonismo, ben por intereses persoais exhacerbados, tamén é un defecto da sociedade en xeral (e da mediática en particular) que se busca máis o conflito que o consenso. Se a un nivel de intercambio persoal non se pode chegar a solucións válidas, desde unha distancia menos comprometida como poden ser as redes (telefónicas ou internáuticas) pódense lograr grandes obxectivos. Un saúdo,
      Baruk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: