Eu non son celoso pero o meu é meu

Como a casa non se empeza polo tellado, explicarei que a comarca do Barbanza fórmana catro municipios: Boiro, A Pobra, Rianxo e Ribeira. Xuntos, forman desde 1974 a Mancomunidade de Arousa Norte que, dende 2002, se centra en salientar os servizos: o turismo da serra barbanzana e da ría de Arousa.

Por proximidade e trazos característicos, o plan de potenciar os bens comúns non é unha idea destartalada senón que semella partir dunha orixe positiva cara un futuro favorable mais, do dito ó feito...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2012/03/07/arousa-norte-analiza-propuesta-velero-haga-rutas-ria/0003_201203B7C5991.htm

Cada verán, aparecen novos proxectos comunitarios (un catamarán que amosa a beleza e os productos autoctonos da ría -A Pobra-, un autobus que recorre as paisaxes circundantes -Ribeira-, un conxunto de rutas de senderismo polos monumentos veciños -Boiro-…) que, paradoxicamente, acaban potenciando somentes a algún dos concellos integrantes da mancomunidade.

Con ironía, todos os concellos promoven actividades turísticas aprobeitando o que a comarca ofrece pero os beneficios radican nas casas consistoriais particulares. Logo, ¿para que a mancomunidade? ¿Non se presenta así un problema de identidade ós veciños? Mesmo, ¿un problema para o xornalista que descoñeza se o feito se enfoca cara o devir dun só concello ou dun conxunto deles?

A arte de aprobeitarse da polisemia da palabra local seméllase ás técnicas de ligue.

-¿Es celoso?

-Para nada, pero o que é meu, é meu

Claro que si. Explotamos o que “é de todos”, o que nós mesmos “facemos que sexa de todos”, pero en beneficio propio.

Noal Rodríguez, Marta cl4x

Posted on 13 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Boa, Noal, boa. É ben certo que moitas veces nos amparamos en anceios de felicidade plena cos demais (coma se a vida fose un anuncio de compresas…), de compartir todo o marabilloso da vida cos nosos ‘irmáns’ (mentres que nas propias familias os problemas son máis que numerosos…) e de habitar nun mundo de paz e amor (y el Plus pa’l salón, que diría o outro…), cando a realidade é ben diferente. O estraño e complexo mundo no que nos toca vivir está dominado principalmente por intereses persoais e individualistas, os cales defenden o triunfo económico e social como único fin existencial, máis aínda cando esa consecución de obxectivos perxudica ós outros iguais, vistos aquí como competidores. No caso da túa mancomunidade o que ocorre non é máis ca unha das moitas versións desta lacra que oxalá, dende unha esperanza nada utópica (eso espero…), poida ser vencida algún día. Un bico, mona.

    • Eu xa non quero facer referencia ó que nos amparamos ou deixamos de amparar pero, falando do meu -que sei que é equiparable ó que pasa en moitos outros lugares-, lucrarse individualmente de algo que é de todos… A min non me parece lóxico. En conxunto, estreitamos mans e asentimos ó que di o resto, e á hora de falar a nivel individual esquecemos todo o anteriormente citado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: