ProT: Colaborando con ATEGAL

Esta semana xa nos puxemos as “mans na masa”. A semana pasada acudimos a diversas clases e observamos como funcionan. Foi unha grata sorpresa ver a capacidade de aprendizaxe e a boa vontade coa que os xubilados acudan a estas aulas. Teñen unha ansia de aprender poucas veces vista na xente moza.

Paula, a coordinadora da Asociación Cultura Galega de Formación Permanente de Adultos en Santiago, fíxonos varias propostas para poder realizar este traballo. A proposta na que chegamos a un acordo foi a de facernos cargo da páxina web da asociación: http://www.rumorosos.com/.

O primeiro que imos facer é acudir aos diversos actos dunha actividade de animación solidaria que organizan durante este mes,para obter a información. Despois deberemos elaborar artigos, dunha forma correcta e, a poder ser, en galego, para renovar a páxina web que leva sen actualizar dende o segundo trimestre do 2010. Unha vez teñamos feito isto a coordinadora da asociación en Santiago de Compostela revisará os artigos e posteriormente serán subidos a páxina web. Para comezar, deberíamos elaborar un breve artigo sobre a historia de ATEGAL e a súa función aquí, en Compostela, e posteriormente realizar artigos sobre as diversas actividades que leven a cabo.

Oujo Paz, Borja

3a2

Posted on 13 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: