Remexín e… punk e papá!

Vai uns días miña irmá, ela tan ordenada, atopou o meu mp3 de vai uns cinco anos. Dispúxenme a buscarlle unha pila e uns cascos e… plaf! as notas e o son da guitarra estampáronme os oídos de recordos.

Motor Perkins, Skarmento e o punk-rock-folk inundaban a pantalla do vello aparello de música. Canto máis escoitaba, máis me entraba o mono de volver aos 16, cos meus ollos, ás veces demasiado negros, coa miña chaqueta de cores e sobre todo coa liberdade de ser e estar no mundo. Entón a “Dolores se llamaba Lola”, dos co foran durante un tempo o meu osíxeno e o meu cordón umbilical co exterior, Los Suaves, volveu a min. O causante fora meu pai, nas súas ansias por contaxiarnos a todos o rock ou o heavy dos Scorpions. Nun momento difícil como foi esa época, esta canción  chegaba a reconciliarme co resto do planeta e cos meus. Recordo como nas festas do verán nas vilas cando votaban algunha de Los Suaves ou cando as oíamos noutro lugar, o papá e eu, por un intre lonxe das nosas diferenzas, bailabamos a canción como estrelas do rock, saltabamos, corriamos, empuxabámonos, berrabamos e comunicabámonos ata o infinito. Esa canción era un dos momentos que aproveitabamos para dicir que nos votabamos de menos.

A adolescencia pasou, por fin, e agora xa podo comunicarme con palabras faladas co papá, pero cando estas fallan non hai como a reconciliación de “Dolores se llamaba Lola” para voltar, outra vez, xunto a el.

 

Mosteiro Reboredo Mª Cristina, S2D, 3a1

 

 

 

Posted on 13 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. que doce, que bonito, que emotivo…para que logho dighan dos Suaves e dos Scorpions… que duros que me eran, caghonobaúldapiqué.
    E eu que, co meu pai, só podía bailar tangos… e que mal os bailaba o probe.
    Martínez Hermida CIC

  2. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    grazas polo seu comentario. pois si o rock e o heavy poden ser moi emotivo e sentido! e que hai algo máis arrincado do corazón que son tolo dunha guitarra? e o tango, non está nada mal, de feito eu estou empezando a moverme ao seu ritmo sensual, reinvindicativo.
    a música, esa gran comunicadora

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: