¿Ten cabida o misterio no xornalismo?

Vou xuntar neste post unha lección que me deron dous profesores distintos: Fermín Galindo e Alejandro Vázquez.

Este luns volvín a unha clase de Publicidade. Nela, Alejandro Vázquez comentoulles ós seus alumnos que moitas veces deixar coa intriga ó público é unha boa extratexia publicitaria, e puxo como exemplo a nova campaña de Mercedes: http://www.youtube.com/watch?v=ujUPlDerhNU Véndoa pregúntaste, ¿que será o que está pasando en Mercedes?

Isto de deixar coa intriga á xente parece que non está moi relacionado co xornalismo. Iso mesmo pensaba eu ata que o xoves pasado lle entreguei a práctica da crónica a Fermín Galindo. En canto lla entreguei leuna, e logo volveu onda min e díxome que el na miña situación sacaríalle a parte final, que iso faría que o lector quedara coa intriga do que ía pasar e que así conseguiría asegurarme de que, no hipotético caso de que a semana seguinte tivese que escribir outra crónica, o lector a ía ler porque querería enterarse do final da miña historia.

Isto faime pensar, ¿ata que punto un xornalista pode antepoñer a publicidade do seu traballo á información? ¿Ata que punto é máis importante conseguir que o público siga o teu traballo a que se informe con el?

E isto tamén me fai pensar en que na vida todo o que facemos é, consciente ou inconscientemente, con afán de publicitarnos. A nosa comunicación, toda ela, busca, entre outras cousas, facernos quedar ben. O que non sei é ata que punto iso é beneficioso.

 Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1

Posted on 13 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 12 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Boa reflexión, Alba. Eu creo que os xornalistas máis ben traballan para unha empresa que ten uns ideais e sempre ten afán de publicitarse ou cando menos “quedar ben”, polo que o xornalista mal que lle pese ten que obedecer se quere que o seu traballo se manteña. É cuestión de necesidade, non de conciencia.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      O problema é que vivimos nunha sociedade tremendamente consumista, e isto fai que sexa máis importante para os medios vender ca informar. Eticamente para nós, coma futuros xornalistas, isto deixa moito que desexar. Eu polo menos metinme nesta carreira coa idea de informar a xente do que pasa no mundo, non coa idea de facer un producto comercial que sexa máis “vendible” que o do veciño. Pero o que importa, ó final, non é a calidade da túa información, senón o como a vendes e o diñeiro que gañes o final con ela. Lástima…

  2. Dapía Freitas, S1B, 2A2

    Estou de acordo con Tensy. Nesta sociedade o que conta é quedar ben coa empresa para a que se traballa, e nos tempos que corren está demais desobedecer ás normas que esta establece. Polo tanto, a pesares de que a funcion do xornalista é a de informar, inevitablemente vaise caer nesta idea de vender antes que facer o que realmente lle corresponde.

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    É unha pena ter que caer inevitablemente nesa práctica de ter que publicitar a información que se publique, porque isto é o que fai que a información deixe de selo para caer no sensacionalismo. Aquí é onde nace o dramatismo, o morbo nas noticias. Calquera día os informativos convertiranse en programas tipo Sálvame, e todo grazas á sociedade consumista na que vivimos.

  4. Vou tentar explicar a intención dos meus colegas, Alexandre e Fermín. Eles falan desde a perspectiva do texto, da súa retórica,… e, evidentemente, dunhas condicións de mercado. De que o texto entre no mercado, na roda da lectura, do seu consumo. Obxectivo polo cal todo texto ten a premisa de seren consumido. Ao igual que toda información. Sobre tudo, a información.
    Certo que a composición do tetxo, para facerse comprensible, ten que seren atribuido, cualificado, formalizado, disposto. Niso o hibridismo entre técnicas de construción da ficción e datos da información, pode facer moito mal. Ou moito ben, se axuda a comprender.
    Mais, como ben apuntades todos, a disposición do texto para seren lido (ou visto, ou escoitado) non é, non debe estar, tan só guiado pola súa cualidade formal e mercantil.
    A información xa de por si debe intrigar a quen a recibe, pois é xermolo de novidade. Simil e portadora de coñecemento. A información é máis importante canto máis subtexto produza, é dicir, canto máis nos informe, nos conmova, nos apele, nos intrigue (no sentido de pulsarnos maior curiosidade sobre o s feitos e o conflito)
    Velaí que a construción do texto, o seu construto, porén está non tanto no formal, que como xa dixemos axuda a comprendelo, se non na ecuanimidade, no multiperspectivismo, no equilibrio das fontes … virtudes que van máis aló do seu aspecto formal.
    A combinación logo, equilibrada, do ethos, pathos e logos é a que nos pode achegar, como xornalistas, á unha información fidedigna. O máis posibel.
    Doutra parte, facede o exercicio de entender aos meus colegas, o seu propósito, de facer unha lectura amable dilo: nin tanto nin tan pouco, os mecanismos superbos da escrita facilitan unha comprensión actual e intelexible dos feitos. Dentro duns anos, non será crear intriga, será crear adictos. Hoxe incidimos no formal, na estrutura, no cascallo, na codia; mañán na urdime, na asociación dos axentes, nos procesos,… internos da nova.
    Substéntase tamén ista lectura (a dos meus colegas) na noción vella do periodismo de folletín. Do “periodismo”, é dicir, de manter ao lector en vilo, tensionado, presto a recibir próximas novas, nos días vindeiros. Cada certo tempo imos proporcionar aos nosos lectores unha dose. E iso tamén depende da noción temporal das cousas que teñamos. Tamén da relación temporal entre feito e nova que está nas orixes propias do xornalismo. Que ás veces trastoca a publicación, en publicidade. Mesmo sen intención. Cuestión de pericias.
    Saúdos.
    Marcelo Martínez CIC

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Eu non digo que un texto xornalístico non poida publicitarse ou intrigar. A miña postura é que non debe facelo en detrimento da información. Unha crónica, unha reportaxe ou calquera tipo de texto xornalístico que non sexa unha noticia estricta pode perfectamente beber dos textos literarios e, deste xeito crear intriga. Pero nomeando a outro profesor máis, neste caso X.A. Neira, a pesares de que tomen forma literaria e botan man de recursos literarios, realmente son textos xornalísticos e a súa finalidade debe ser informar.
      A intriga pódese conseguir cunha forma de redacción distinta, ou botando man doutro tipo de estrutura que non sexa a pirámide invertida (a máis típica do xornalismo), deixando a parte forte da información para o final, a modo de “sorpresa”. Pero, na miña opinión, o que non debe facer é deixar unha historia a medias para obrigar ós lectores a adquirir o seguinte exemplar da publicación co obxectivo de poder enterarse do final. Penso que hai outras formas de crear publicidade nos textos xornalísticos que non sexa ese. Para facer publicidade, e se o obxectivo final é o consumismo, entón está ben; pero se o fin último que se pretende é informar, hai outros métodos de facer que o lector se enganche ó noso traballo.

  5. Perdón, esquecinme.
    A pregunta era se no xornalismo ten cabida o misterio. Como acto de revelación, o xornalismo ten a obriga de despexar o misterio, de desentranalo, denantes incluso de contar a verdade (sempre debemos tentar ser “veraces” (honestos), non se me entenda mál o propósito prelativo da aseveración) O misterio é o efecto da incertidume, incluso da ignorancia como estatus. O exercicio ético do xornalista é desentranar o misterio para explicar o pathos (o problema, o conflito) desde o logos (a palabra) Non podemos deixar que o logos acapare a atención e agache a intención de desentranar. Unha vez que, de facelo reiteradamente e como costume, non fagamos outra cousa que crear falsas expectativas, ou confusión. Hai que manexar, e en certos xéneros, ben as bridas do misterio (mellor da intriga), pra que non desboque a burra.
    Aconsello unha grande película sobre o tema: O Gran Carnaval (Ace in the hole, 1951), de Billy Wilder. Unha das mellores pelis sobre xornalismo, dirixida por un ex xornalista.
    Martínez Hermida CIC

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Iso é o que eu pretendía facer entender. Lástima non ocorrérseme a min o de utilizar os helenismos. O que debe facer o xornalista é desentrañar o pathos a través do logos, esa é a mellor forma de facelo. O que pasa é que moitas veces ese pathos, esa intriga, ese misterio, créano os propios escritores ou xornalistas co fin de desvelalo noutra edición, deixando ó lector coa información á medias, cousa que eu penso que non debe suceder. Como dixen no meu anterior comentario, pódese manter a intriga ata o final, botando man de estilismos máis literarios, pero ó remate do texto o lector debe contar con toda a información. Dis ti que hai que controlar que a burra non se desboque. Ese é o problema, que moitas veces ponse a forma e o consumismo por diante da información, e o final a burra acaba desbocada.
      Por outra banda, tomo nota da película e intentarei conseguila. Parece interesante

  6. Óscar Martínez

    El misterio y la publicidad deben de diferenciarse del arte periodístico. Periodismo es contar lo que sucede, bajo tu óptica desde luego. La publicidad tiene otros cauces como las cuñas en radio, los pases televisivos o los publirreportajes. Lo que si que podría tener cabida bajo mi criterio es utilizar el “misterio” y el juego de tiempos.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Discrepo contigo nunha cousa, e é que o xornalismo non debe contar as cousas baixo a óptica de ninguén, senón que ten que intentar ser o máis neutral posible (tendo en conta, claro está, que a obxectividade non existe).
      Por outra banda, si é certo que a publicidade ten outros métodos, pero eu referíame a que os textos xornalísticos non deberían escribirse con afán de ser vendidos, a súa estrutura non debería deixar coa incertidume ós lectores. Non se trata de novelas, trátase de historias.

  7. Andrea Fernández

    Cómo bien apuntan Tensy y María, nuestra sociedad se rige por el dinero y los intereses de los empresarios. También en el periodismo. Si trabajas para un periódico, tus principios no cuentan, te tienes que ajustar a la línea editorial de ese medio.
    Y lo que quiere ese medio es ser el mejor, la competencia está a la orden del día. Así que trabajas para informar, pero sobre todo, para publicitar a tu medio.
    Eso no tendría por qué ser una mala práctica si la calidad de la información fuese buena, pero en muchos casos se pierde calidad sólo por conseguir que tu medio quede bien.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Estou de acordo en que o que se busca é ser o mellor e, polo tanto, publicitar o que fas, pero non deixando a un lado a calidade polo sensacionalismo e o misterio. Habería que publicitarse intentando facer o mellor traballo posible, non intentando chamar a atención dos lectores por outros medios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: