“ProT: A responsabilidade da COPE”

Esta semana puidemos, por fin, perfilar a relación da COPE coa responsabilidade social. Partindo do concepto da mesma (http://www.masr.com.mx/responsabilidad-social-definicion-y-clasificacion/), un empregado da emisora nos explicou as principais tarefas desenvolvidas pola COPE para responder ós intereses da cidadanía e  abrir canles de participación cidadá que así o permitan.

Deste xeito, a tertulia de veciños dos martes, as preguntas á oposición dos mércores e ó alcalde dos xoves parecéronnos os programas máis interesantes relacionados con dita participación, pois supoñen unha forma de comunicación que, lonxe da horizontalidade imperante, aposta pola participación cidadá. É por iso que lle solicitamos á COPE poder asistir á tertulia de veciños que tivo lugar este martes. A verdade é que nos pareceu moi interesante, pois permitiu dar a oportunidade ós representantes dos distintos barrios de Santiago de discutir os seus principais problemas, sen ningún tipo de censura.

Unha vez finalizado o programa, tivemos a oportunidade de falar con eles para saber até que punto as súas reivindicacións teñen cabida nos medios de comunicación. En xeral, estaban moi satisfeitos, se ben precisaron que acudir ós medios para amosalas é o último recurso, que se usa sempre que non teñan éxito as canles convencionais -contactar co concello-.

Fernández Lema, S2B, 2A3

Posted on 14 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. M.Cruz Negreira Rey

    Querer desenvolver unha actitude de responsabilidade social cando os cidadáns te empregan como último recurso, pode ser síntoma de que algo non está a funcionar como debe.
    Penso que isto é debido a que os medios non saben achegarse á súa audiencia e que os cidadáns os ven como algo complexo e de difícil acceso.
    Este caso pode relacionarse co artigo que lemos na clase “Una ventanita entre el campo y la ciudad”: a xente do mercado falaba na radio con total naturalidade cando estaba ao seu lado, pero esta alta participación perdeuse en parte cando se trasladaron á cidade.
    Atopar o equilibro entre as dúas situacións sería idóneo. Oxalá o voso traballo vos sirva para atopalo.

  2. Probablemente sexa certo que a relación entre a cidadanía e os medios de comunicación non sexa a axeitada, e hai que establecer vías para mellorala, relacionadas coa responsablilidade social das empresas que se esuda neste traballo. Mais tamén temos que dicir que, en xeral, as primeiras impresións que nos levamos están sendo bastante positivas en canto á participación cidadá na Cadena COPE se refiere, polo que non cremos que a situación sexa tan dramática como se describe no comentario de Cruz.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: