ProT: Aproveitemos as sinerxías

Seguimos avanzando no noso traballo coaAsociación de Reporteiros Solidarios (AGARESO) no seminario de “Xornalismo Social e Cooperación Internacional” que se imparte na Facultade de comunicación todos os martes pola tarde. Esta vez Alba Deus encargouse de tomar notas do que aconteceu na sesión para a posterior elaboración dunha crónica e David Leiro encargouse da reportaxe fotográfica. Toni España encargouse da gravación audiovisual que despois será aproveitada tamén para unha reportaxe radiofónica. Por certo, xa está dispoñible na web de AGARESO a reportaxe sobre a sesión da semana anterior.

Esta semana a sesión comezou coa presentación dos traballos que están a facer os alumnos do seminario sobre diferentes temas relacionados coas ONGD. Isto ocupou aproximadamente a primeira hora e logo comezaron as exposicións dos relatores que desta volta foron: Francisco Raigón de Asemblea de Cooperación Pola Paz, Helena Capera da Coordinadora Galega de ONGD e Xosé Cuns da Rede Galega de Loita contra a Pobreza.

Tanto Helena Capera como Xosé Cuns falaron da necesidade de que as ONGD se coñezan e se comuniquen entre elas sobre todo para aproveitar as sinerxías e facer máis forza á hora de levar a cabo proxectos ou mesmo de solicitar axudas. Por outra banda, tamén fixeron mención a que unha boa coordinación das ONGD evita que se solapen funcións ou que se dupliquen funcións innecesariamente.

España Faqué, S2F, 2A4

Posted on 14 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Paréceme que esa reflexión do final é moi importante ter en conta. Eu creo que as ONGs débense unir canto máis se tratan proxectos similares. Pero, na actualidade eu creo que en ocasións se compite entre elas mesmas e iso non debería ser así cando hai unha necesidade de por medio.

  2. Non sei se hai competencia entre elas pero si que moitas veces, e isto non só ocorre coas ONG senón con calquera outro tipo de entidades públicas ou privadas, cada unha vai ao seu. E moitas veces coido que é mais por vergonza ou medo ao rexeitamento ou a que, por exemplo, se lle falas de compartir recursos a outra entidade, esta pense que te queres aproveitar dela. Tampouco sei se é o caso das ONG (espero que non) porque, aínda que estou aprendendo moito estes días, de momento non as coñezo tan a fondo, pero si que ocorre noutros ámbitos, en pequenas empresas, por exemplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: