Daily Archives: 16 Marzo, 2012

Durmir non comunica

Vivimos nun mundo onde é tan importante comunicar coma transmitir.

O xefe do estado español, leva tempo onde non comunica moi ben e transmite menos, quizais é por iso que os cidadáns cada vez confían menos da súa función e traballo.

Mostra da súa mala comunicación é o video que lle puideron grabar onde tras dicir que o “paro xuvenil me quita o sono” queda durmido.

O rei quizás necesita que algún dos seus asesores, que non han de cobrar pouco lle de uns cantos consellos de imaxe, ou se non que abandone o cargo, que para o que fai…

Rivera Rey, 3GB, GOBE

¡Arriba las pestañas!

Os dejo aquí un video que la mayoría de vosotros ya conoceréis debido a la polémica que surgió en las redes sociales como twitter. Se trata de la campaña publicitaria de Loewe, que presenta su colección para bolsos Loewe Oro (los bolsos de toda la vida pero con asas en colores flúor, que seica están de moda).

Al parecer, Loewe pretende abrirse al  público joven, pero sin dejar de lado a sus fieles señoras del barrio Salamanca. Para ello, se sirve de 12 mozas y mozos que consideran que tienen una imagen “moderna” y con los que pretenden que su público objetivo se identifique.

Y es que en una España que sobrepasa ya los 5 millones de parados y en donde los índices de paro entre los jóvenes se sitúan por encima del 50%, a Loewe no se le ocurre otra cosa que enseñarnos a doce raparigos, que no han dado pancada en la vida y cuyo éxito les viene de papá y mamá, diciéndonos que compremos sus carísimos bolsos. Porque… Spain is different.

Ironías aparte, chapó para los publicitarios de la campaña, porque han conseguido que en estos días se hable de la marca, aunque sea más para mal que para bien. Otra vez, vemos como las estrategias de comunicación apuestan por el márketing viral para lograr sus objetivos y nosotros, como corderillos, corremos a colgar el video en nuestro muro.

Cereijo Vázquez, S1F, 1B1

Radio Favela

O filme de Helvécio Ratton mostra cómo os membros dunha comunidade poden unirse para ofrecer unha alternativa informativa e dar voz a quen non a ten e está excluído dos medios máis tradicionais. Como din no filme, montan a radio para “disparar palabras contra o sistema”. Neste caso enténdese a radio, non coma un negocio, senón coma un servizo público para a comunidade.

Móstrase o poder da radio como un elemento creador dunha comunidade e tamén dunha identidade propia da xente das favelas, que reivindica o dereito a unha información que non os exclúa. A iniciativa pola que xurde Radio Favela é unha necesidade de comunicar, inherente ó ser humano como ser social, pero que se agudiza ante a represión que sofren nas favelas. Tamén está o reclamo dunha información que estea directamente relacionada cos oíntes, de xeito que sexa o máis directa e cercana posible, o que multiplica a súa eficacia.

En 1981, cando se fundou Radio Favela, aínda non existían Internet e, polo tanto, Facebook ou Twitter. Isto fainos pensar nas enormes posibilidades que temos grazas ás novas tecnoloxías, que permiten que comunidades excluídas reclamen o seu lugar no espazo comunicativo. Se eles foron capaces de facelo con tódolos impedimentos que atoparon e que se plasman moi ben no filme, que non seriamos capaces de facer hoxe en día co poder que nos dá Internet?

Bereijo Piñón, S1F

Entrevistas 15-M

Esta semana comezaremos a realizar as entrevistas ás diferentes persoas relacionadas co 15-M. Os cuestionarios xa están elaborados. Decidimos facer unha serie de preguntas comúns para tódolos entrevistados, que se complementan con preguntas máis concretas dependendo da relación do entrevistado co movemento.

A primeira entrevista será o martes con Belén e Cristina, as dúas responsables de comunicación do 15-M en Santiago de Compostela. Neste caso, centraremos as preguntas no uso que fixeron das redes sociais para organizar á xente e tamén para dar a coñecer as súas accións. Intentaremos que o profesor Sabucedo nos dea unha visión desde fóra do movemento, máis analítica e distancia. Na entrevista coa participante do 15-M ímonos centrar, sobre todo, en cómo usou as redes sociais para poñerse en contacto coa organización ou coñecer as distintas actividades que se propoñían.

A semana que vén, unha vez realizadas as entrevistas, comezaremos xa coa montaxe do vídeo.

Bereijo Piñón, TS  S1F

“ProT: Conferencia de Introdución ó xénero”

Unhas das principais accións de InteRed céntrase na muller e nas dificultades que ten para acceder á educación, sobre todo nos países menos desenvolvidos, nos que a ONG desenvolve o seu traballo. Por iso, pareceunos interesante organizar unha conferencia sobre o xénero para achegar unha visión global da cuestión.

O xoves 15 de marzo Ana de la Huz, colaboradora de InteRed, impartiu unha conferencia de introdución ó xénero. Ela é psicopedagoga e experta en xénero e explicounos o que significa o concepto de xénero, algo ó que en tantas ocasións se fai referencia nos medios de comunicación, pero que moi poucos coñecen en profundidade.

Un dos principais puntos nos que se centrou a conferencia foi na distinción entre sexo e xénero. O primeiro fai referencia ás características que amrcan a diferenza biolóxica dos seres humanos. O segundo é unha construción social, unha serie de normas e valores diferenciados para cada sexo. Depende da época e da cultura e baséase en estereotipos.

Ademais, Ana fixo un repaso por tódolos factores que inflúen nas diferenzas de xénero, coma por exemplo a familia ou a escola. Un destes elementos de socialización son os medios de comunicación, que teñen un papel fundamental á hora de diluír as diferenzas de xénero. Desde o uso dunha linguaxe non sexista ata o enfoque que se outorga a determinadas noticias, os medios son en gran medida responsables de cómo a sociedade percibe a cada un dos xéneros. Todo isto serviu para concienciarnos da importancia dos medios no tocante ó xénero, así como a responsabilidade na educación da sociedade.

A través de métodos amenos, e grazas á participación dos asistentes, conseguimos xerar un debate moi interesante e que, ademais de aclarar certos puntos, se xeraran preguntas novas en cada un de nós. Nos útimos tempos houbo avances moi importantes con respecto á desigualdade de xénero, sobre todo nos países desenvolvidos, pero aínda queda moito por facer.

Bereijo Piñón, ProT 1A3