Entrevistas 15-M

Esta semana comezaremos a realizar as entrevistas ás diferentes persoas relacionadas co 15-M. Os cuestionarios xa están elaborados. Decidimos facer unha serie de preguntas comúns para tódolos entrevistados, que se complementan con preguntas máis concretas dependendo da relación do entrevistado co movemento.

A primeira entrevista será o martes con Belén e Cristina, as dúas responsables de comunicación do 15-M en Santiago de Compostela. Neste caso, centraremos as preguntas no uso que fixeron das redes sociais para organizar á xente e tamén para dar a coñecer as súas accións. Intentaremos que o profesor Sabucedo nos dea unha visión desde fóra do movemento, máis analítica e distancia. Na entrevista coa participante do 15-M ímonos centrar, sobre todo, en cómo usou as redes sociais para poñerse en contacto coa organización ou coñecer as distintas actividades que se propoñían.

A semana que vén, unha vez realizadas as entrevistas, comezaremos xa coa montaxe do vídeo.

Bereijo Piñón, TS  S1F

Posted on 16 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Angel Castro Silva

    Paréceme caralludo o voso traballo, gostaría de que unha das preguntas do voso traballos fora ¿ a que se adica ? e que demostrarades que aquelo non foi unha ”comuna jipi” senón unha reunión do pobo aborrecido do maltrato do Estado. Moita sorte.

  2. Uxía Bereijo Piñón

    Moitas gracias Angel!! Polo que levamos feito ata o de agora creo que vai quedar claro que o 15-M foi o resultado da indignación dunha sociedade enteira, non só duns cantos “perroflautas”. A verdade é que temos declaracións moi interesantes. Agora o difícil vai ser seleccionar o máis importante, porque daría para facer un documental enteiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: