Daily Archives: 17 Marzo, 2012

ProT: Tarde de martes

Cada martes os meus compañeiros Toni España e David Leiro asistimos ao Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional de AGARESO con ACPP, e como poidestedes ver estas pasadas semanas os nosos traballos consisten en deixar constancia do que alí dentro se fala con todos os medios posibles.

Cámara, fotógrafo e cronista son labores que nos repartimos aleatoriamente cada semana pero realmente alí estamos aprendendo a importancia da nosa profesión no mundo da cooperación internacional e para as ONGD’S e sobre todo cómo debemos adaptarnos a ese mundo. É unha lección para o futuro pero todo o bo remata e quedan poucas sesións antes de entregar a nosa memoria.

A sesión do próximo martes 20 de marzo estará dispoñible na web de AGARESO e colgaremos o enlace no vindeiro post.

Deus Rivadulla, S1E, 2A4

“Onde están os expertos?”

As nosas pesquisas do TS marchan vento en popa, mentres Sara Alonso persegue ao colectivo de sensibilización contra o acoso na rede que se empeña en non facilitar o contacto co responsable de Santiago de Compostela, eu atopei avogado especialista despois de moito traballo (ao parecer na facultade de dereito non había ningún entendido en leis na Internet) está na Coruña e alí me desplazarei a vindeira semana para unha entrevista.

Entre boas noticias, despois da entrevista coa policía xa temos película para incluír no ciclo de cine conxunto, Cyberbully estrenada o pasado ano 2011 que trata sobre o acoso a unha rapaza tras o hackeo da súa conta nunha rede social. Aquí poderedes ver un avance do filme que creemos representa os efectos do que estamos a investigar, os malos usos das redes sociais.

E tan só nos falta o polémico caso do acontecido nesta clase o pasado cuatrimestre, a disputa con Maria Luisa Otero López. Xa se falou con algúns compañeiros e en breves comenzaremos coas entrevistas a quen o permita. Agradeceríamos o voso punto de vista pois isto permítenos explicar de xeito máis cercano a investigación do noso traballo.

Deus Rivadulla, S1E, 2A4

A misión de comunicar

As empresas diseñaron un sistema de comunicación con dous planos, o interno e o externo, este primeiro para mellor a relación cos traballadores e entre departamentos para unha optimización do traballo e o segundo para proxectar unha mellor imaxe cara o público.

As asociacións (e coordinadoras) adoptaron este mesmo modelo pero transformaron a comunicación dándolle un novo matiz ao termo. Utilizaron a arma da comunicación para sensibilizar no Norte (ou países desenvolvidos), e deixou de ser a mera xestión que supoñía nas empresas para ser unha misión e a súa ferramenta máis poderosa para xerar o interese que se convertirá en novos fondos nalgún punto do camiño.

A linguaxe naciu por unha necesidade de comunicación para o intercambio de intereses e ao longo da historia non perdeu a súa esencia, “falando enténdese a xente” e as palabras moven montañas por iso estas asociacións contan cun forte gabinete de comunicación que proxecta unha boa imaxe cara o seu público e axuda a mellorar as condicións de traballo coa relación interna e coas demáis asociacións que están a traballar sobre o mesmo terreo que eles.

Deus Rivadulla, S1E, 2A4

El organigrama de la relación académica

Estamos acostumbrados a tejer diariamente un cúmulo de reacciones que llevan, implícita o no, algún flujo de comunicación. En nuestro caso, estudiantes universitarios de Periodismo, la comunicación existente entre individuos de igual estatus como el nuestro, podría recibir el nombre de Comunicación Horizontal. El concepto opuesto lo podemos hallar en una relación laboral. En ella, el vínculo que establecen los superiores con los subordinados, será denominado Comunicación Vertical. Una situación fácilmente extrapolable a nuestra condición universitaria. En este sentido, quizás sea la Comunicación Descendente la que más abunde en nuestro entorno académico. Algunos ejemplos los encontramos cuando un profesor nos expone los objetivos de su materia, nos fija unas normas de conducta en favor del correcto funcionamiento de la clase y nos incita a cumplir sus indicaciones en la asignatura. Lo antagónico a este asunto, lo encontramos en una sugerencia, una opinión, duda manifestada al profesor o solicitud bibliográfica. Es decir, aquellos mensajes que nosotros, los discípulos, le enviamos a nuestros instructores.

Una vez dicho esto, debemos suponer que un aumento en la escala profesional -o escalafón social- lleva consigo un cambio de rol y en el flujo comunicativo.

(Adjunto un documento con apuntes básicos sobre los tipos de comunicación establecida en las empresas; también extrapolables al resto de organismos: http://diegolevis.com.ar/secciones/Articulos/interna.pdf )

 

Veiga Amorín, S3E, 4B2

As nosas favelas

Podemos pensar que a realidade das favelas está a miles de kilómetros de nós, Suramérica soa coma se fose un lugar remoto pero isto non é de todo certo. Pode que aquí non teñamos favelas pero tamén hai persoas que viven en condicións semellantes ós seus habitantes. ¿Acaso os poboados do Bao, Benamoa ou do Carqueixo non son unha realidade paralela ás favelas? Pero nós non nos damos conta disto, vivimos nas nosas cidades, cos nosos ordenadores, manifestándonos cando algo non nos parece xusto… pero o fin e ó cabo os inxustos e hipócritas somos nós.

Vimos a película na clase e de seguro que a maioría pensou que era unha inxustiza o que alí se narraba e eu podería facer aquí un discurso antirracista e en contra da sociedade na que vivimos pero non me parece lóxico.

Mentres escribo isto estou na miña habitación, dende a miña ventá podo ver algunhas das casas pertencentes ó poboado xitano do Bao (en Poio, Pontevedra). Eu estou aquí ca miña conexión a internet, un móbil sobre o escritorio e a cama feita. Mais enfronte miña, hai moitos nenos xogando descalzos, vendo como se trafica con drogas e sen ir á escola en moitas ocasións por axudar na casa. Sexamos realistas: eu en case 20 anos nunca me propuxen ir ata alí e axudar a eses nenos ou ós seus pais e coma min, a inmensa maioría da cidade.

Os poboados xitanos, os mendigos que dormen cada noite baixo cartóns nos caixeiros, os “gorrillas” que che buscan aparcamento por un módico prezo son os “favelistas” das nosas cidades. Que eu saiba non teñen unha radio ou outro medio co que poder comunicar a marxinación que sofren pero estou segura que moitos deles, sobre todo os máis cativos, teñen unha pequena ilusión con respecto ó futuro. Mais tamén estou case segura que esa ilusión vai ser arrincada cando se topen ca realidade na que viven. Mais en concreto, ca realidade que nós lles impomos.

¿E vos algunha vez preocupástesvos polos máis marxinados desta sociedade? Ou simplemente, coma a maioría, ¿tratades a estas persoas coma un can abandonado que a pesar de darvos moita pena non acolledes e o deixades a súa sorte cruzando as estradas?

Pedrouso Areán, S2E, T3-A