ProT: Tarde de martes
Cada martes os meus compañeiros Toni España e David Leiro asistimos ao Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional de AGARESO con ACPP, e como poidestedes ver estas pasadas semanas os nosos traballos consisten en deixar constancia do que alí dentro se fala con todos os medios posibles.
Cámara, fotógrafo e cronista son labores que nos repartimos aleatoriamente cada semana pero realmente alí estamos aprendendo a importancia da nosa profesión no mundo da cooperación internacional e para as ONGD’S e sobre todo cómo debemos adaptarnos a ese mundo. É unha lección para o futuro pero todo o bo remata e quedan poucas sesións antes de entregar a nosa memoria.
A sesión do próximo martes 20 de marzo estará dispoñible na web de AGARESO e colgaremos o enlace no vindeiro post.
Deus Rivadulla, S1E, 2A4
Posted on 17 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Agareso, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 6 Comentarios.
Eu sempre digo que o traballo de fóra da facultade é o que nos fará máis grandes á hora de traballar nun futuro.
Tes boa razón Tensy, e ojalá poidésemos colaborar máis a miudo pero haberá que esperar ao ano que ven.
Deixade de meter intriga e non contar ren, e comentade o que alí se fala, a ver se aprendemos todos.
Esta é a función do post, non facer anuncios.
Saúdos.
Martínez Hermida CIC
O que se falou alí contouse no anterior post do meu compañeiro Toni España por eso neste post non hai explicación do seminario do martes pasado. Os de AGARESO non subiron a miña crónica polo que tampouco puiden linkeala, modificarei o post cando a suban ao seu blogue.
Pois cando teñades material poñédeo nos links así sabemos un chisco máis!
http://www.agareso.org/es/reportajes/item/863-o-alumnado-do-seminario-na-usc-indaga-sobre-a-situaci%C3%B3n-do-terceiro-sector
Aquí está o resumo da pasada sesión do seminario para disfrute de todos!