Debate: comunicación entre iguais

A sociedade de debate de competición (SODECO) da que formo parte marcha este mércores ó torneo TRIVIUM en Salamanca e ten que respostar á seguinte pregunta: é a democracia unha saída viable para os países do norte de África? O meu grupo de debate leva dúas semanas preparando este tema: dúas semanas quedando nas nosas casas, en bares, en aulas; enviándonos correos con noticias, informes, blogs… en definitiva, comunicándonos da maneira máis eficiente para que o torneo saia o mellor posible.

O noso grupo está formado por seis integrantes e isto fai que, ás veces, sexa un pouco difícil establecer unha comunicación efectiva. Todos queremos expoñer a nosa idea e ó final o coloquio acábase convertendo nun galiñeiro. Para evitar isto é necesario establecer uns turnos de palabra e, sobre todo, respetarnos os uns ós outros. É fundamental que nun colectivo se estableza unha relación entre iguais xa que do contrario algunhas persoas poden sentirse fóra do grupo. E por experiencia podo dicir que un traballo funciona ben ou non dependendo de como sexa a dinámica grupal: un grupo  formado por iguais e unido é un grupo máis forte que outro formado por individualidades por moi boas que sexan na materia.

Así, sempre temos que ter a seguinte idea na nosa cabeza: é fundamental escoitar ó outro xa que nos pode aportar outros puntos de vista nos que non caeramos e enriquecer os nósos.

Cruz Portela, S1C, 2A3

Posted on 18 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Moita sorte co Trivium, estou convencida de que o faredes xenial, coma sempre!! Fuerza y honor.

  2. seminariocomunicacion1

    Moitas gracias! estamos traballando para que saia o mellor posible. Por certo, poderías revelar a túa identidade?
    Soraya Cruz Portela, S1C, 2A3

  3. É o colonialismo democrático unha cortiña de fume para esquilmar novamente África?
    Sería máis lóxico preguntarse isto.
    Martínez Hermida CIC

  4. seminariocomunicacion1

    Ese é un dos nosos argumentos para o debate. Cremos que actualmente non se pode instaurar unha democracia oriental pola hipocresía de Occidente que prefire seguir aproveitándose dos recursos dos países do norte de África antes que permitir que eles mesmos exploten os seus recursos. Esta figura paternalista esconde uns intereses e isto podémolo ver actualmente se comparamos Libia e Siria. Actualmente en Siria estase a cometer un xenocidio e a ONU non intervén mentres que en Libia si, por que? Pois porque Libia é unha das reservas de petróleo máis grandes do planeta. Pero ademais non nos podemos olvidar do papel do Consello de Seguridade da ONU, ese organismo pseudodemocrático que se rexe polos intereses de cinco potencias (Francia, Reino Unido, Estados Unidos, China e Rusia) e no que todas teñen dereito de veto. Actualmente Rusia séguelle a vender armas ó goberno de Bashar Al-Assad para que siga masacrando á poboación e o resto das potencias permítenllo. E nós preguntámonos, a ONU fai realmente honor ás súas siglas?

    Cruz Portela, S1C, 2A3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: