“Curiosidades dunha sociedade bilingüe”

Nun panorama de bilingüismo ou convivencia de linguas, como a que vivimos en Galicia, danse multitude de situacións curiosas ou anecdóticas nas que toman partido as dúas linguas implicadas.

Non vou falar de confrontacións nin de sociolingüística. Solamente vou contar algunha experiencia vivida por min e de seguro que tamén por moitos de vós. Son falante de galego dende sempre. Faloo con todos aqueles que sei que non teñen problemas en entenderme. Pero por exemplo, a maioria dos meus amigos falan castelán. Cando nos encontramos en grupo falan castelán entre sí. Sen embargo cando se dirixen a min, normalmente, cambian a lingua e fano en galego. Prodúcese entón unha situación estrana na que eu actúo como se dun extranxeiro se tratase, coma se non entendera o que eles falan e por ese motivo se viran obrigados a cambia-lo idioma. Aínda que estou máis que acostumado a estas situacións, sinceramente non me gustan nada. Non me sinto cómodo cando vexo que a xente fai unha diferenciación ante min, todo porque falo galego. Prefiriría que se dirixiran a min en castelán, a súa primeira lingua e que non me fixesen sentir un tanto especial. Cando lle comento isto, eles dinme que comigo se sinten máis comodos falando galego, ou mesmo que o fan para que eu non me sinta mal. Como facéndome un favor. En fin… Supoño que eles nunca se verían nunha realidade así para chegar a entendelo. Isto simplemente é un dos moitos episodios vividos nunha sociedade bilingüe, na que español e galego xogan papeis distintos. O bilingüismo armónico que algúns queren vendernos, non existe nin existirá xamais.

Santalla Silva, Daniel.  GOBE

Posted on 19 Marzo, 2012, in Documentos and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: