Organismos públicos e medidas anticonstitucionais

A comezos do ano 2002, no mes de febreiro, o Ministerio do Interior propuña por primeira vez unha Lei “Anti botellón” que trataba de prohibir o consumo de alcohol nos espazos públicos (si, ten graza, nos espazos PÚBLICOS), por mor das queixas que xerou dende os seus inicios este fenómeno normalmente vencellado aos máis xoves.

Non obstante, dende os seus inicios, as medidas legais contra o botellón causaron moita controversia e foron motivo de numerosas discrepancias entre partidos políticos, xuristas e na propia sociedade. O argumento dos “anti botellonistas” era claro: a liberdade duns remata onde comeza a doutros. Pola contra, o famoso artigo 17 da Constitución que recoñece a liberade de reunión abandeirou dende un principio a aqueles que sempre tildaron de anticonstitucional calquera medida de prohibición do consumo de alcohol (legal en España) na rúa.

“Por que non podo comprar unha botella de viño para cear coa miña moza logo das dez da noite? Polo comportamento incívico da xuventude? O que é incívico éo con alcohol e sen el. Os ruídos e as gamberradas son outro problema distinto e lexislado que non se soluciona prohibindo o alcohol senón formando, informando e educando mellor.”

Ferro Falcón,         S2A, 2A2

Posted on 19 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Miriam Iglesias Otero

    Me parece muy interesante esta entrada. La verdad es que la prohibición de comprar alcohol a partir de las diez de la noche me parece totalmente ridículo; eso no significa que el botellón vaya a desaparecer.
    Me parece mucho más cómodo habilitar una zona donde la gente pueda beber tranquilamente, lejos de los pisos y sin perturbar el sueño del resto de los vecinos y no prohibir, prohibir y prohibir como si así se fuese a lograr algo.

  2. O problema do alcohol entre a xuventude é a escasa educación alcoholica que se recibe na casa, onde nalgunhas familias, que non en todas se demoniza o alcohol e basta con prohibir facer algo para que se faga máis. Na miña opinión teñen que ser os pais os que ensinen a beber ós fillos, aínda que poida sonar antigo. Neste país existe unha ampla cultura de bebidas, para mín o botellón é como escoller un burguer no canto dun restaurante. É a miña opinión.

  3. Por iso non colle na cabeza de ninguén que se prohiba o consumo de algo que, máis que ser legal en España, como dis, David, é obxecto dunha ampla cultura neste país.
    Non sei vós pero na miña vila hai tabernas a esgalla, e pobre do que viva preto dunha, que tamén a altas horas da noite cando a xente quere descansar escoita os ruídos e os cristos que se montan nestes emprazamentos por mor tamén do alcohol… Pero claro, non se prohibe beber alcohol nas tabernas nin nos bares a partires das 10 da noite, xa que isto perxudicaría aos hosteleiros, e non cómpre gañar impopularidade. Prohibindo o botellón, que os perxudica, tamén se rascan votos, que é o que importa…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: