ProT: “III Andaina Film Festival”

Este sábado, como xa adiantáramos no post anterior, viñeron nenos de A Coruña, Lugo e Ourense ata Abertal coma estrelas  invitadas ao III Andaina Film Festival. 

Nós fomos os encargados do atrezzo, outros encargáronse de preparar actuacións, outros de preparar o Lib Dub que faríamos máis tarde, en definitiva, todo un día de cine. Cuns 15 nenos/as  ao noso cargo, logo da acollida, comezamos a dura tarefa de preparar o escenario do Cine Salesianos, o foto call, e a elaboración do guión da presentación da gala.   No noso grupo tivemos a nenos e nenas de Coruña, Vigo, Ourense e Lugo e todos colaboraron e se relacionaron coma se se coñecesen de sempre.
No primeiro momento, todos mostráronse participativos, pero no momento que repartimos as tarefas a cousa xa foi en picado, pero como animadores que somos, para que recuperaran o itnerese, tivemo que implicalos máis, engadindo no guión da gala as cousas que lles apetecería facer, consultándolles etc. Despois gravamos un Lib Dub todos xuntos (un verdadeiro caos, pois organizar a 100 nenos non é tarefa doada) e chegou a hora de comer. Aquí o obxectivo non se cumpriu, cada grupo de nenos estaba cos da súa cidade e non se mesturaron en absoluto.

Na gala, con Carlos Asensio de presentador e Sara e Baamonde de fotoxornalistas no fotocall, parece que o noso esforzo deu os seus froitos: os nenos e nenas sabían cando saír ó escenario, que tiñan que dicir, e disfrutaron do seu traballo. Ao remate, cantamos todos xuntos o himno andaina, e repartiron uns lazos amarelos como símbolo deste encontro. Finalmente logramos o obxectivo, que os nenos interactuaran e a última hora da merenda, comentaban a gala, os vídeos dos outros, despedíanse ata a próxima, aproveitaban cada minuto para xogar xuntos… un éxito. Tardou pero chegou.

Nos seguintes enlaces podedes ver en qué consiste a “Alternativa vaivén” e en que consiste o grupo e “Andaina” onde nós participamos:


http://www.abertal.org/index.php?option=com_content&task=view&id=3&Itemid=4
d

http://www.abertal.org/index.php?option=com_content&task=view&id=16&Itemid=22

P.D. : Encantaríanos mostrarvos fotos, pero a lei de protección de datos impídenos mostrar fotos de menores na internet.

Baamonte Bermúdez, Alonso Moreda, Asensio Castro ProT 1a2

Posted on 19 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. María Urrea López GOBE

    Menuda experiencia! Sin duda un verdadero éxito, me encantaría ver las fotos!
    Cuál es el proyecto para el próximo sábado?
    Un saludo 🙂

  2. Carlos Asensio GBCP

    El próximo sábado todavía no sabemos que vamos a hacer…supongo que viajaremos a otro país diferente jeje veremos cómo se tercia la jornada. Pero los niños responden muy bien a los pilares fundamentales de un buen Andaina yo creo que algunos ya podrán pasar a la siguiente fase jajaja

    Un saludo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: