“ProT: Ser máis visible, ese é o obxectivo”

Na nosa colaboración coa Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da USC, esta semana continuamos a establecer o Plan de Comunicación, fundamental para a campaña de captación de novos socios que estamos a levar a cabo en conxunto con Iolanda, encargada do gabinete de comunicación de dita asociación. Se a semana pasada estudamos como a asociación debe comunicarse cos membros da mesma, os socios e socias,  nestes días centrámonos en dous puntos básicos: a comunicación externa e a campaña de marketing. No tocante a como a asociación debe comunicarse co exterior, debatemos diferentes estratexias sobre a quen e como debe chegar a asociación: á comunidade universitaria, aos medios de comunicación, á sociedade, á Federación de Asociacións… Ao mesmo tempo, tamén establecemos unha serie de estratexias de marketing, é dicir, publicidade, de xeito que a asociación se faga máis visible de cara ao exterior, e así a asociación e os seus obxectivos sexan máis coñecidos. Por exemplo, anunciarse en publicacións da facultade, patrocinio de cursos de formación, convenios con outras asociacións da cidade… Seguiremos informando en vindeiros posts.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 19 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Ademais das maneiras que escollestes para dar a coñecer esa asov¡ciación coa que traballades, penso que darse a coñecer nas redes sociais tamén podería ser unha opción.

  2. Miriam Varela Fernández

    Grazas polo teu comentario, Tensy. Efectivamente unha das posibles estratexias de comunicación que barallamos son as redes sociais. O problema reside en que os socios e socias que forman parte actualmente da asociación, e que na súa gran maioría superan a barreira dos cincuenta anos, son bastante reacios ao emprego deste tipo de ferramentas. Considéranas como un tipo de intromisión na súa intimidade. De feito, moitos deles non teñen nin sequera correo electrónico e, se o teñen, a duras penas fan uso del. Estamos a pescudar que novo enfoque que lle poidamos dar ao emprego das redes sociais de cara a captación de novos socios, porque cos que xa conta a asociación podería dicirse que é practicamente misión imposible. De novo, grazas polo teu interese e a túa recomendación, por suposto.

  3. Beatriz Yáñez Castro

    O uso das redes sociais non é doado cos socios que conta a asociación. Xa existe unha páxina de facebook para o clube de sendeirismo propio da asociación, mais úsano só uns poucos e derivan os temas de conversa a outras cousas.
    No gabinete de prensa tamén están a traballar nunha renovación da páxina web e dende alí poder axudar a introducir as redes sociais pouco a pouco.
    De tódolos xeitos, nós estamos decatándonos de que o noso público obxectivo non só está nas redes socias, senón que o podemos atopar noutras asociacións de carácter cultural.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas pola túa matización, Bea, como membro do grupo de ProT. Efectivamente, tamén consideramos a posibilidade de captar socios noutras asociacións e para iso xa estamos na procura de asociacións da cidade coas que poder establecer algún tipo de convenio ou vinculación. De novo, grazas pola túa matización.

  4. Matilde Vázquez Peón

    Otro de los temas que tratamos en una de nuestras quedadas era el perfil de los asociados. Como bien recalcó Miriam, la gran mayoría de los socios superan los 50 años de edad, pero por el contrario, en la asociación hablamos de crear una campaña de captación de nuevos socios esta vez enfocada a un perfil de edad diferente, entre 35 y 45. Tal y como dice Hortensia, las redes sociales en este caso creo que pueden ser útiles.

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas pola túa matización, Matilde, como membro do grupo de ProT. Ben é certo que a campaña de captación que estamos a levar a cabo está dirixida a un público obxectivo que responde a un perfil cuxa idade se move entre os 35 e 45 anos. Con eles si teriamos máis posibilidades de xogo coas redes sociais. Pero, aínda que estamos a buscar novos socios, xamáis debemos esquecer que non podemos perder aqueles cos que xa conta a asociación. De novo, grazas pola túa matización.

  5. A parte fundamental do voso traballo consiste en elaborar unha especie de plan de marketing. O voso obxetivo polo tanto debe ser comprender a relación que isto ten coa asignatura e transmitírnola ao resto da clase. Tamén necesito coñecer se tedes algunha metodoloxía ou forma de organización no grupo para a realización do traballo. Por outro lado vexo que a pouca disposición dos socios cara ás novas tecnoloxías vos segue a dar problemas. As redes sociais serían un método ideal para que a asociación se dese máis a coñecer.

  6. Miriam Varela Fernández

    Grazas polo teu comentario, Daniel, así como polo teu seguimento do noso ProT como membro do GOBE. Calquera asociación debe saber que a base do seu funcionamento é a relación cos seus socios, así como cos futuros socios que poida captar, de modo que debe coidar dita relación. Polo tanto, non debe extrañarnos oír falar de marketing aplicado ao contexto social, xa que calquera asociación pode empregar esta ferramenta de natureza comunicativa para trasladar a súa mensaxe ao público. De novo, grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: