Estamos tolos, estamos no aire
Trala proxección de “Radio Favela” enchen o blog os post relacionados con esta película pero a min gustaríame falar doutra radio que (teño que recoñecelo) nunca escoitei e que coñecín grazas a un anuncio pero, aínda así, parece moi interesante. Trátase de La Colifata.
Hai xa 20 anos, nacía este proxecto sen recursos técnicos, económicos nin institucionais. Tratábase dunha radio, a primeira no mundo, que emitía dende un psiquiátrico como parte da terapia de recuperación dos seus internos. Grazas ás doazóns conseguiu medrar e sobrevivir, chegou a obter premios e recoñecementos tanto a nivel local como internacional e, actualmente, o seu modelo de radio é imitado por todo o mundo.
O máis importante na súa historia é que La Colifata axudou no camiño de recuperación de centos de internos do hospital psiquiátrico de Borda, modificou a idea de que son xente perigosa e mellorou a comprensión xeral do problema da demencia.
Xunto con Radio Favela, La Colifata é unha proba máis de que a radio non é só información, aparato de influencia, de guerra fría, de interacción mediática; senón que pode ser un instrumento de creación de cultura e comunidade.
“A ciencia non nos ensinou aínda se a loucura é ou non o máis sublime da intelixencia” Edgar Allan Poe (1809- 1849) Escritor estadounidense.
Pérez Capelo, S2E, 3B2
Posted on 20 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Aquarius, Colifata, Creación, Curso 2011-2012, Demencia, Interno, Psiquiátrico, Terapia. Bookmark the permalink. 10 Comentarios.
La Colifata es un claro ejemplo de que los medios de comunicación y la comunicación es fundamental para sobrevivir, la gente a través de la comunicación puede curarse. El ser humano es un animal social y como tal necesita comunicarse.
Totalmente de acordo, ata a persoa máis reservada necesita a oportunidade de expresarse. Para os internos de Borda, a comunicación é unha parte da terapia pero tamén é un xeito de darse a coñecer e botar abaixo os mitos sobre a demencia
Radio Colifata non só é unha ferramenta para crear comunidade, senón tamén para dar voz a aqueles que normalmente non a teñen nos medios de comunicación e para achegar distitnas voces e visións do mundo coas que non estamos familiarizados.
Outra cousa é que este tipo de accións se empreguen como reclamo publicitario, o que serve para dala a coñercer entre un maior número de público, pero, á vez, en desprestixiar as súas accións, que quedan agochadas trala superficialidade dun spot.
Efectivamente, Colifata da voz aos silenciados e aporta unha perspectiva descoñecida do mundo, a iso me refería cando dicía que serve tamén para crear cultura.
É certo que Aquarius empregou esta radio como reclamo pero non penso en absoluto que iso desprestixie as súas accións. Pode que o anuncio non plasme con exactitude en que consiste Radio Colifata pero si que a achega a moita xente que, coma min, nunca oíra falar dela e iso sempre é bo.
Teño que recoñecer que descoñecía esta radio e a súa labor mais estou realmente sorprendida (gratamente). Como xa dixen no meu post, son este tipo de radios as que nos fan coñecer a estes pequenos grupos ou asociacións que, doutro xeito, non saberíamos nin que existen.
Concordo tamén con Uxía en que o emprego desta radio como reclamo publicitario quizáis non sexa a mellor maneira de dala a coñecer, pois a xente fixarase máis no que é o spot ou no que promociona que a finalidade real da radio.
Laura Quiñoy Montero
Por experiencia propia, non creo que o público se fixe máis no produto nin na súa promoción. De feito, cando me planteei facer o post sobre isto dubidaba se o anuncio era de Aquarius ou de Nestea, é dicir, o anuncio en si non xerou en min o recordo dun produto senón do seu contido. Creo que nestas marcas medianamente consolidadas os anuncios son intercambiables.
E aqui, unha vez máis, observamos como a radio é o medio ideal para dar voz a aqueles que por diversas circunstacias non a teñen. Para isto serviu a radio ao longo da súa historia e vemos como hoxe en día cumple tamén esta función. Abraiante o de La Colifata. Gustaríame escoitala algún día.
Santalla Silva, GOBE
Tes razón, a radio dá voz aos “mudos”. Unha pena que as cadeas máis escoitadas se dediquen ao contrario…
Moi interesante isto das radios independentes. Paréceme fantástico iso de que se incorpore a radio a un centro psiquiátrico,na que se poidan expresar libremente, sen tabúes, e é que moitas veces encerramos aquelas persoas que nos molesta escoitar. Sabes como se pode acceder a súa frecuencia? moi bo post 🙂
Moitas gracias!
Eu intentei escoitala dende aquí http://lacolifata.openware.biz/index.cgi pero non o conseguín, igual é cousa do meu ordenador…
Se o consegues infórmame porque tamén me interesa o que nos teñan que dicir 😉