Galicia, “Region of the Week”

Galicia na Unión EuropeaA páxina web da Unión Europea ofrece unha interesante sección chamada “Region of the week”, onde cada semana se da a coñecer unha das 271 rexións pola que está composta. Esta semana, o comisario europeo de Política Rexional, Johannes Hahn, concedeulle a quenda a Galicia.

Dende que España entrou na Unión Europea, a Política de Cohesión investiu en Galicia máis de 18.000 millóns de euros. Segundo a propia UE isto “contribuíu de forma significativa ao crecemento económico da rexión e a avanzar na converxencia real coa UE”. A pesares destas afirmacións, non tódolos galegos están de acordo con elas, xa que o seu ingreso supuxo grandes cambios na vida cotiá do noroeste da península.

Segundo un artigo publicado no número 17 da Revista de Economía de Galicia, “o balance macroeconónimo contén aspectos positivos e negativos. O PIB galego medrou de xeito destacable en termos absolutos e cunha atinada transformación da estrutura produtiva, aínda que en menor medida con relación ao resto de España”. No artigo explícase que “cunha menor capacidade produtiva Galicia ten unha pegada ecolóxica máis forte cá media española e mesmo cá media da Europa occidental” e que é preocupante “o proceso de avellentamento da poboación galega”.

Actualmente, Galicia centra os seus esforzos inversores en tres ámbitos prioritarios: transporte e enerxía; medio ambiente, protección dos recursos naturais, xestión, distribución e tratamento da auga e prevención de riscos; e, por último, desenvolvemento e innovación empresarial.

Cardalda Vidal, CL4X

Posted on 20 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: