“ProT: Un cuestionario para a COPE”

Tras acudir a semana pasada á tertulia cos veciños na COPE, esta semana puxémonos a traballar outra vez para buscar outras actividades que nos permitan sacar máis información para o traballo que estamos a desenvolver.

Así, o noso próximo obxectivo é pedirlle a esta emisora un dossier no que poidamos ver máis claramente a programación da mesma, de xeito que nos permita sacar conclusións sobre canto tempo lle dedican a eses espazos nos que teñen cabida a participación cidadá.

Ademais, e grazas á axuda do profesor Marcelo, tamén realizamos un cuestionario que imos facerlles, en canto se poida e contando coa autorización do director, ós traballadores máis vencellados coa responsabilidade social desta cadea.

Unha vez realizadas estas tarefas, os resultados e respostas que obteñamos darannos pé a sacar conclusións que, xunto ás que xa temos, axudarán a confirmar ou desmentir a nosa hipótese inicial.

Velaí vai unha foto dunha das nosas visitas á COPE durante a emisión dun dos seus              informativos locais.

Díaz Villaverde         S2A, 2A3

Posted on 20 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. Unha vez tiren as respostas, por favor, pasen outra vez polo seminario para ver o xeito de analisalas e aproveitar o que din, seguindo un método científico, como merece.
    Grazas.
    Martínez Hermida CIC

    • Yanire Díaz Villaverde

      Perfecto, seguiremos traballando esta semana no cuestionario e farémolos o antes posible para pasarnos polo semniario e analizalos.
      Moitas grazas Marcelo,
      un saúdo

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Que tipos de preguntas ides facer no formulario aos traballadores? Espero que dende a dirección non se opoñan a que o realicedes e que poidades sacar unhas boas conclusión del. Ánimo

    • Yanire Díaz Villaverde

      Pois por exemplo se o feito de que traten temas sociais xurdiu da súa propia iniciativa; cal é a relación que manteñen coas súas fontes ou que axentes sociais son os que entrevistan normalmente…
      As preguntas son bastantes, o problema é que os traballadores se acaben indo polas ramas e non nos contesten o que queremos saber realmente.
      Pero, sinceramente, cremos que o feito de que toquemos temas sociais (e non políticos) igual nos axuda a ter menos “censura”.
      Moitas grazas por comentar.
      Un saúdo

  3. Lara Lozano Aguiar

    Intentade sacarlle tamén cousas negativas porque despois do que nos din os mestres de radio e tv detrás de todo medio de comunicación hai moito secretismo por descubrir…

    • Yanire Díaz Villaverde

      Exactamente Lara. Eso intentaremos, a sabendas de que algo malo atoparemos. O problema será que nos pidan o traballo antes de entregalo, por se eles teñen algo que opinar sobre o que nós escribimos.
      Moitas grazas por comentar.
      Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: