Escritores de la libertad

Falamos dunha historia real: unha mestra e unha clase. Viaxamos ata Los Ángles, nun momento no que os disturbios raciais eran abundantes debido ó incidente de Rodney King. Recuperamos unha historia: o holocausto nazi. Así séntanse as bases dun film que comeza tras dun debate mantido na clase de Erin Gruwel, interpretada por Hilary Swank, sobre o racismo. Isto conduce a mestra a levar ós alumnos a unha visita ó Museo da Tolerancia, para amosarlles as consecuencias desta masacre.

Consecuentemente, moitos dos rapaces descobren o Diario de Ana Frank, o que marca un punto de inflexión na historia. Ademais de que os estudantes cheguen a coñecer a catro superviventes do xenocidio –interpretados por personaxes auténticos- a profesora fará chegar ós estudantes diarios nos que plasmarán a violencia que os rodea. Así,  atopará unha maneira de unir a un grupo de estudantes dividido ata entón por diferenzas raciais conseguindo mellorar tamén os seus resultados académicos.

Penso que, en realidade, decidín amosarvos esta historia polo papel da mestra, que en certo modo me cautivou, unha mestra que a través de métodos nada tradicionais consegue un gran cambio. Algo que non tódolos profesores, ben sexa por falta de tempo, ganas ou intención, son capaces de lograr. Isto, en definitiva, é unha chamada de atención a todos aqueles docentes que asenten sen réplica ante as esixencias dun plan educativo, que pensan que unha oposición aprobada é un cheque en branco,  sen contrapartida e iso, só conduce a andar cara atrás.

Fernández Fernández, S2B

Posted on 21 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Ten moi boa pinta a película. Animareime a vela.

    Noelia Casalderrey Carballal

  2. No he visto la película, aunque tiene pinta de ser interesante, parece que deja ver al descubierto un tipo de docencia diferente, una docencia de carácter individual, que se adapte a las necesidades de cada alumno y así despierte su interés por las lecciones. No así una enseñanza estatalizada, monopolizada y puramente memorística, que lejos de motivar al alumno, va creando en él una especia de fobia al estudio. Lo dcho, la veré.

  3. Emma Fernández Fernández

    Acertaches de pleno. A medida que vexas a película verás como estes alumnos, polos que nun principio non se che ocorrería poñer a man no lume, terminan por compoñer realmente bos textos a través dos seus diarios, o que os anima e motiva a seguir escribindo e, por que non, a comezar a mirar con outros ollos á literatura e lectura.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: