‘Président’ et l’environnement

En Vilalba, antes da apertura da láctea Entrepinares, a única empresa industrial propiamente dita era, xa dende hai uns cantos anos, a empresa francesa Lactalis-Président, dedicada tamén ó envasado e á transformación do leite, algo moi normal nunha comarca gandeira como é a Terra Chá.

Ata aí todo correcto, se non fose porque a imperial ‘major’ con sé no país galo tivo que renderse ante o poder duns cantos irreductibles vilalbeses alo polos anos 90 d.C.d.G. (despois de Charles de Gaulle, obviamente). Non lles soa un pouco á historia de Astérix?

A cuestión da loita entre os dirixentes de Lactalis e os heroicos habitantes locais, representados principalmente polos grupos políticos da oposición (socialistas e nacionalistas), os sindicatos agrarios e a asociación de pescadores do municipio, foi a situación da fábrica, moi preto do río da Magdalena, que afectaba seriamente á vida dos poboadores da zona fluvial por causa dos numerosos verquidos de residuos ininterrumpidos.

Finalmente, e tal como sucede sempre nos cómics de Goscinny e Uderzo, foron os irreductibles vilalbeses os que lograron o seu obxectivo, facendo que a planta de transformación láctea cambiase de emprazamento, nunha parte da vila onde o impacto ecolóxico é mínimo. Ademáis, este cambio tamén afectou positivamente á propia empresa, xa que ampliaron as súas instalacións, e á poboación local, xa que puido gozar de máis postos de traballo dos que se ofertaban anteriormente.

Así e todo, hai unha cuestión que me corroe e que espero me axudedes a resolver. Está claro que o cambio de situación da fábrica de Lactalis foi bo para todos, especialmente para o medio ambiente, pero, credes que sería posible se, ó final, a empresa francesa non se beneficiase dese cambio?

Agardo as vosas respostas…

Baruk Domínguez Grandío CLX4

Posted on 21 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , . Bookmark the permalink. 3 Comentarios.

  1. Uxía Bereijo Piñón

    O beneficio que obtivo a empresa non foi só a ampliación das súas instalacións, senón unha considerable mellora da súa imaxe, tanto entre os consumidores e os empregados coma na xente de Vilalba.
    Pero desgraciadamente creo que non cambiaría o seu emprazamento se non fose obter algún beneficio, sobre todo ó tratarse dunha gran empresa coma esa, que pode exercer moita máis presión. Se decidisen quedar no emprazamento anterior, non creo que os gobernantes puxeran ningún tipo de impedimento porque non adoitan estar do lado dos veciños ou da vila, senón das empresas que lles dan de comer.

  2. Lara Lozano Aguiar

    Esta claro que detrás de toda empresa hai a necesidade de sacer beneficios. Se a empresa non sacará nada bo do traslado non o faría simplemente por contribuír á sociedade e ao medio. Non nos engañemos con estas cousas porque detrás de todo sempre hai ambición… ou non?

    • Moi agudas as dúas!!! Certamente a cuestión final presenteina como unha pregunta falsamente retórica, xa que todo quedaba máis ou menos delimitado no artigo, pero tanto Uxía coma Lara acertades moi ben coas vosas réplicas e observacións. É moi boa a túa reflexión, Uxía, na que falas dunha lacra moi en boga dende tempos inmemoriais, que é a de poñerse do lado do máis forte, sexa ou non sexa bo para os demáis. E tamén é excelente o teu comentario, Lara, sobre todo cando falas da ambición como motor de moitas solucións da nosa sociedade. O certo é que, neste caso en particular, tódolos actores saíron gañando, algo que, por desgraza, non ocorre case nunca (e case sempre, por non decir que o 100% das veces, o que sae perdendo adoita ser o actor máis feble: o cidadán, paisano, administrado ou como queira que se lle chame…).
      Graciñas ás dúas por comentar!!!
      Baruk

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: