O pesebrismo informativo

O xornalista mantén unha relación bidireccional coas fontes. Os profesionais da información necesitan contidos e as fontes que ditos contidos salgan reflectidos nos medios. As fontes van a tratar en todo momento de cumprir eses obxectivos e por iso van a poñer en marcha diferentes mecanismos para conseguilos. Un deles é o  pesebrismo.Tratase dun intercambio de información de dubidoso interese a cambio de agasallar aos asistentes. Nalgúns códigos deontolóxicos prohíbese que os xornalistas acepten os viaxes pagados ou incluso que se deixen pagar as comidas. Pero este tipo de normas, na práctica, é de difícil concreción. Sen embargo non só as fontes teñen intereses. O xornalista en moitos casos tamén utiliza a chantaxe para conseguir que una fonte lle proporcione a información que el desexa. Deste xeito, o xornalista trata ás fontes como meros obxectos para satisfacer os seus intereses e viceversa. A cousa disto as relacións interpersoais contamínanse Pero como conseguir deixar a un lado os intereses en favor da verdade e da boa comunicación coas persoas?

Díaz Leal, S1D; 2A1

Posted on 24 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Aínda que moitas veces nos digamos que non aceptaremos nunca esta relación que ti dis coas fontes, eu creo que á hora de realizar unha entrevista ou cubrir unha noticia, podemos caer facilmente nas trampas das fontes porque precisamos a información no momento e non temos forma de negociar.
    A chantaxe en certo modo, tamén existe no “off the Record”, xa que se unha parte non cumpre, a outra tampouco.

    • A chantaxe esta demasiado encuberta no nos oficio. Pero eu creo que está nas mans dos futuros xornalistas que isto cambie. Considero que hai formas e formas de conseguir información sen ter que recorres á chantaxe que, na miña opinión é o camiño fácil. Pero claro, a competencia tamén esta por medio, polo tanto é un tema moi dificil.

  2. É moi complicado que as fontes non acaben influíndo nos xornalistas, sobre todo canto máis longa é a relación entre as dúas partes. Cando un xornalista leva anos traballando nunha mesma zona e na mesma sección, acaba tendo case máis relación coas fontes que coa súa propia familia. polo tanto é normal que florezan sentimentos, xa sexan de compaixón, de odio, de noxo, de amizade ou mesmo de algo máis, senón que llo digan a Letizia Ortíz. Por outra banda, coincido tamén en que, pola mesma razón, o xornalista tamén inflúe nas fontes que acaban por adaptar a información ao gusto do xornalista ou ao do medio para o que traballa. Como corrixir isto? Non creo que haxa unha solución. Pero tampouco creo que sexa o maior problema do xornalismo.

    • Bo exemplo o de Letizia Ortiz! Coincido contigo, sen embargo a pesar das dificultades de este problema, está nas nosas máns a solución. Se aceptamos este tipo de conductas é cando facemos que a situación continue. Non é cuestión de dicir que é dificil senon de pasar a acción e buscar solucións porque a pesar de que non sexa o maior problema do xornalismo, é un problema serio.

  3. Lara Lozano Aguiar

    Os agasallo soamente son algo co que sobornarnos e non debemos caer niso aínda que é moi fácil. Debemos saber como tratar as fontes e ser nós quen determinemos as condicións porque senón elas saíran gañando. Aínda así creo que non hai un remedio a isto, sempre foi así e parace ser que non quere cambiar asique tentemos faacer un xornalismo de calidade que realmente é o que hoxe en día fai falla.

    • É verdade que este problema ven dende moi atrais, sen embargo que sempre fora así non significa nin que este ben nin que non teña solución. Temas que facer un xornalismo de calidade pero para iso primeiro debemos correxir este tipo de inconvintes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: