Interpersoal&Intrapersoal

ImageNa gran maioría dos nosos posts do blog, unha das etiquetas máis recorridas é “Comunicación interpersoal”. Pero sabemos o que realmente significa? Por iso, no meu post persoal desta semana gustaríame parar un pouco a reflexionar sobre este termo fundamental da materia. Fálase de comunicación interpersoal como a interacción entre dúas persoas ou entre un grupo reducido. Este tipo de comunicación é considerada como a forma máis directa e adecuada de comunicación, porque a través dela, cóbrense necesidades, como resolución de problemas, intercambios de ideas, toma de decisións e, sobre todo, o desenvolvemento persoal. Aquí entra en xogo de novo outro termo fundamental: a comunicación intrapersoal. Aquel diálogo que sostemos con nós mesmos: a conciencia, ese anxiño, ese demo… ou como cada quen o queira representar, que nos acompaña eternamente nas nosas vidas. A través dos nosos pensamentos aprendemos a coñecernos, a elaborar a imaxe de nós mesmos, a valorarnos, a evaluarnos… Neste senso, creo que cabe facernos a seguinte pregunta: que é a comunicación interpersoal sen a comunicación intrapersoal? Porque algo fundamental para a comunicación está en “aceptar totalmente ao outro e, sen embargo, permanecer totalmente eu mesmo, sen diluirme”. Recoméndolle a seguinte obra a calquera que desexe coñecer máis en profundidade o tema:

Estanqueiro, A. (2006). Principios de comunicación interpersonal: para saber tratar con las personas. Madrid: Narcea.

Varela Fernández, S3B, T4B1

Posted on 25 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    O Un está na base de toda comunicación interpersoal. Porque, se non nos coñecemos a nós mesmos como podemos coñecer realmente aos demais?

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Tensy. Efectivamente, eu tamén creo que para que a comunicación coa xente que nos rodea sexa efectiva, o primeiro é que sexa efectiva a comunicación con nós mesmos. Como ti ben dis “o Un está na base de toda comunicación”. De novo, grazas polo teu interese.

  2. Cando non nos comunicamos interpersoalmente facémolo intrapersoalmente, pero sempre estamos a comunicarnos. Dende que nacemos ata que morremos pensamos de forma ininterrumpida, polo tanto a nosa intrapersonalidade é esencial e inflúe moitísimo na nosa forma de comunicarnos e relacionarnos interpersoalmente. Saúdos.

    Santall Silva, GOBE

    • Miriam Varela Fernández

      Grazas polo teu comentario, Daniel. Comparto a túa idea de que os nosos pensamentos internos nos acompañan toda a nosa vida. Grazas a eles, entre outros moitos factores, formámonos como seres sociais e axúdannos a comunicarnos cos demais. Por iso creo que para que sexa efectiva a comunicación interpersoal, antes de nada debe ser efectiva a comunicación intrapersoal, cun mesmo. De novo, grazas polo teu interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: