“ProT: Planificamos convenios con outras asociacións “

Esta semana na Asociación Antigos Alumnos e Amigos da USC tivemos que elaborar cada unha de nós unha nota de prensa para escoller, entre nós catro e a responsable do gabinete de comunicación, cal sería o formato adecuado para usar sempre que se comunique a asociación cos medios de comunicación.

Por outra parte, desenvolvemos varios proxectos de convenios con outras asociacións de Lugo e Santiago de Compostela para exemplificar a súa viabilidade. Decidimos incluír a cidade de Lugo para aumentar fronteiras, porque nos parece que pode ser unha cidade moi apropiada debido á situación dun campus da USC alí e agora mesmo a asociación conta con moi poucos socios deste lugar. Desta maneira, pretendemos que dende a directiva vexan con bos ollos a participación con outras asociacións coa finalidade de que os socios interactúen con outras persoas, desenvolvan actividades diferentes e se involucren noutro tipo de asociacións. Ademais de elaborar catro exemplos de como se planificarían as actividades, tamén incluímos un listado de posibles asociacións que valerían para realizar o convenio.

Xa rematamos de debater e poñer en común todos os puntos que imos a incluír no plan de marketing, polo que a próxima semana xa imos a redactar e finalizar aqueles apartados que quedaran máis incompletos. Que pouco queda para finalizar e para entregalo á Xunta directiva…esperemos que lle guste!

Yáñez Castro, S3D, 4B1

Posted on 25 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Boa idea a de engadir Lugo ao voso proxecto. Abrirse a novas cidades seguro que vos axuda a conseguir novos asociados.Tamén está ben que vos relacionedes con outras asociacións para desenvolver actividades novas e escapar un pouco do rutinario. Con que outras credes que poderiades colaborar?. Ánimo para o tirón final. Saúdos

    Santalla Silva GOBE

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Grazas polo comentario Daniel. Pois fixemos dúas axendas de contactos: unha para Lugo e outra para Santiago de Compostela. Por poñerche uns poucos exemplos coméntoche unhas cantas:
    – A Sociedade Micolóxica Lucus
    -O Círculo das Artes de Lugo
    -…E para comer, Lugo
    – Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago de Compostela e comarca
    – Asociación Galega de Arte e Cultura
    – Fundación Amigos de Galicia

    Estes son só uns exemplos. Buscamos aquelas asociacións que nos parecían que podían relacionarse cos nosos socios porque apostan por un espírito de asociacionismo que pode axudar a incentivar e facer medrar a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.
    Grazas de novo. Un saúdo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: