“ProT: Programa Lar”

Esta semana, na asociación Itinera, asistimos ao programa Lar. Nestas actividades lévase a cabo unha guía de ensinanza que lles permite aprender aos enfermos mentais as técnicas de desenvolvemento da vida persoal que, polas circunstancias que viven ou viviron, non lles foi posible levar a cabo.

Nesta ocasión a sesión trataba o tema das habilidades socias, é dicir, proporcionarlles os coñecementos básicos cara un desenvolvemento social integral axeitado. A clase dou comezo falando sobre a identidade das persoas, composta, por un lado, da imaxe que nós temos de nós mesmos e, polo outro, da que teñen os demais de nós. Todo parecía ser unha especie de terapia psicolóxica-social que nada ía ter de especial pero, pouco despois, a voluntaria que impartía a clase engadiu un elemento: a enfermidade mental que padecía cada un dos alí presentes.

Así pois, o tema comezou a ser tratado dun xeito, para a nosa sorpresa, do máis natural posible. Algúns incluso manifestaron a súa opinión e comentaron o seu caso persoal ante toda a clase. Un deles, comentou unha experiencia persoal concernente ao que estábamos a falar: facía un ano estudara un curso de fotografía ao que lle dedicaba sete horas diarias para estudar pero, finalmente, suspendeu dúas sinaturas, o que provocou que na súa casa lle chamasen vago. Deste xeito, manifestaba o seu desacordo con tal cualificativo que lle atribuían pero que el non pensaba que merecese,  e todo debido a influencia da enfermidade mental que sufría, neste caso esquizofrenia.

Así, entre experiencia e experiencia, pasaron dúas horas nas que todos aprendemos e comprendemos cousas novas: eles habilidades sociais e nós que non existen temas tabú que impidan tratar os problemas mentais dun xeito natural.

Álvarez Patiño, S1E, 1A3

Posted on 25 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Estás a falar do autoconcepto, o conxunto de elementos que
    utilizamos para describirnos a nós mesmos. O autocoñecemento presupón coñecer as propias capacidades e limitacións personais, no caso de enfermos mentais, moito maiores.
    A aproximación a nós mesmos é unha parte fundamental, que responde á preocupación por ser unha persoa interesante ós nosos propios ollos e ós dos demáis.
    Paréceme admirable que traten con tanta naturalidade temas tan dolorosos para eles, como as súas limitacións á hora de aprender, pero con esforzo, todo se pode conseguir, e máis no caso deeste rapaz tan traballador que describiche.

  2. Coral Álvarez

    Dende logo que si. O certo é que, desopois de pasar estas semanas na asociación, estoume a dar conta de que coñecéndose a si mesmos e intentando axudarlles e proporcionalles ese trato natural que necesitan os resultados poden chegar a ser moi bos.
    Casualmente hoxe, sen ir máis lonxe, un dos rapaces ós que lles seguimos a dar clases de literatura universal comentoume que sacou case un sobresaínte no exame de historia que tivo a semana pasada, de nivel de segudo de bacharelato. Non hai mellor exemplo que estas persoas para demostrar que, con algo de potencial, e moito esforzo as limitacións á hora de aprender poden quedar nun segundo plano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: