Traballo

Nos momentos de crise no que estamos, o traballo é un ben que non se pode rexeitar e se podes traballar, considérate un afortunado. Cando comecei a carreira o que máis escoitei, tanto por parte dos profesores como de amigos e familia, foi: non vas a atopar traballo.

Reflexionado, decateime de que o futuro que nos espera é negro, moi negro. Mais, nese futuro (que xa é presente ) xa hai unha luz: teño o meu primeiro traballo. Estaba na miña e chamoume a miña irmá e díxome que a empresa na que traballa estaba buscando a un comunicador e que lle dera o meu número para que me chamaran. Nese momento, a miña noz subiu e baixou. Respirei e díxenlle vale.

Non pasaron 10 minutos e xa me estaban chamando. Están buscando a un becario, como non, que lle axude a mellorar as rutinas comunicativas da empresa. A verdade e que non me entusiasma moito a idea pero bueno, é o que hai. Citoume para unha entrevista persoal dentro de 2 ou 3 semanas. Xa estou comezando a ler libros e a documentarme. Espero que todo me salga ben. Ata aquelas, estarei morrendo cos nervios.

Campos Gómez 1B3 S1A

Posted on 25 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Dígame Campos: é para mellorar as rutinas comunicativas da empresa con quen? Cos traballadores a nivel interno, ou cos medios ou a sociedade en xeral?
    Martínez Hermida CIC

  2. Sara Alonso Moreda

    pois considérate moi afortunado Saúl. Noraboa e a darlle duro.

  3. Noraboa logo por esa chamada que a moitos nos gustaría recibir. Pódese saber que é o que estás lendo logo para mellorar esas rutinas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: