Cancións de berce
Lendo un libro (Psicología de la música y educación musical) para o TS, a súa autora tratou un tema moi interesante: as cancións de berce.
Os movementos de pronta interacción comunicativa entre nai e fillo permiten consolidar a presenza de vínculos innatos entre eles. Así, a relación interpersoal íntima que se produce nas cancións de berce facilita o soño ou calma a inquietude do neno.
Por medio da nana chegan ó bebé elementos musicais que poden activar o estado xeral ou tranquilizalo. A estimulación rítmica lenta, regular e monótona, induce por si soa ó estado de soño, sobre todo se o tempo musical se vai “rallentando” progresivamente. A este ritmo hai que engadirlle unha melodía que non debe conter cambios bruscos.
Estas características, ademais de influentes, son comúns en todo o mundo aínda que cada cultura teña a súa nana adaptada ás estruturas rítmicas e melódicas propias da música folclórica do país que se trate.
Curiosamente, un dato que eu particularmente descoñecía é que este tipo de cancións están recollidas como parte da música culta. A pesar de todo isto, chegouse a comprobar que entoando estas cancións sen palabras, é dicir, soamente co muroullo da voz, constitúen o mellor tratamento para os trastornos do soño nos nenos de calquera país e cultura.
Aquí deixo unha canción de cuna dunha banda arxentina que quizais vos sone a algún de vos… ¡aínda que ningunha pode igualar ás nanas de mamá!
Díaz Villaverde, S2A, 2A3
Posted on 26 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Arte, Comunicación Interpersoal, Curso 2011-2012. Bookmark the permalink. 9 Comentarios.
É certo o que dis, de aí que incluso cando os nenos están na barriga da súa nai se recomende a estimulación dos mesmos mediante música. Nembargantes, tamén é importante a comunicación materno-filial simplemente coa voz. Así o vínculo que se crea entre nai e fillo no momento da xestación é inmellorable de cara ao parto.
Estou de acordo, pero este libro en concreto falaba dun estudo que demostrou que as nanas inclusive sen letra, transmítenlle tranquilidade ó feto. Por iso comentei só esa parte.
Pero si é verdade que a comunicación materno-filial é importante. De feito, vin o outro día na tele que os nenos ó nacer, podía chegar a recoñecer a voz de quen lles falou durante a xestación.
Grazas por comentar,
un saúdo
A verdade é que nunca me parara a pensar na importancia comunicativa das nanas. Deixote unha das miñas cancións favoritas, unha nana… pouco convencional.
Este comentario fíxeno eu, que me equivoquei e fixeno dende a conta do seminario 😛
Eu tampouco me parara a pensalo ata que lin ese libro. A verdade é que a canción de The Cure sí é pouco convencional pero, á vez, relaxante.
Moitas grazas por comentar Sabela,
un saúdo
As cancións de berce si crean e estimulan o vínculo paterno-filial dos máis pequenos. Pero a importancia da música na infancia, sobre todo nos primeiros anos, é fundamental para o desenvolvemento das capacidades de aprendizaxe.
Como ben dis, o neno xa cando nace coñece a voz da súa nai, pero pronto comeza a identificar as outras voces, a través das súas “melodías” (por iso aos bebés sempre lle falamos “cantando”). E cando xa comezan a falar, fano tamén con sons melódicos.
Por iso os nenos que nos primeiros anos teñen un contacto intenso coa música desenvolven mellores capacidades lingüísticas, comunicativas e mesmo lóxicas.
http://www.filomusica.com/filo56/infancia.html
http://www.guiainfantil.com/servicios/musica/beneficios.htm
Tamén hai que ter en conta que melloran notablemente as capacidades memorísticas. O máis normal é que o neno esqueza unha lección aprendida dun texto, pero non se a aprende a través dunha canción de rap,por exemplo.
Alégrome de que fixeses este post, porque así aproveitamos para reivindicar a necesidade dun incremento nas actividades artísticas e en especial musicais no eido da educación infantil.
Outra canción de berce 🙂 http://www.youtube.com/watch?v=JFxm3Az0WFY
Estou totalmente de acordo Cruz. A música tamén é un gran medio para memorizar, a pena é que moitas veces non se emprega con esa finalidade. E moitas cousas cambiarían.
Por certo, preciosa esa canción que me enviache. Pena que non teña mellor calidade o vídeo para disfrutar dela.
Grazas por comentar Cruz.
Un saúdo
Muy interesante la relación materno-filial de la que hablas. Además de la música y la voz. El sentido del tacto entre una madre y un hijo, sobretodo en los primeros meses de la vida en el que la visión del bebe no está absolutamente desarrollada, es esencial.
Por suposto Óscar, é esencial. Ademáis creo que incluso xa non calma só os bebés, pois hai cancións deste tipo que ata ós de idade avanzada nos chegan a relaxar. Sen lugar a dúbidas, son un gran temple para a psicoloxía das persoas, aínda que sempre se asocien ós bebés.
Moitas grazas por comentar!