Unha lección de xornalismo

O pasado 22 de marzo publicábanse unhas declaracións de Rosa María Calaf feitas con motivo da presentación do libro de Mayte Carrasco “La kamikaze”. O titular que resaltaron a maioría dos medios de comunicación facía referencia á opinión da reputada xornalista sobre a súa compañeira de profesión Sara Carbonero: “hace un flaco favor a la mujer y al periodismo, pues frivoliza la imagen de la mujer y contribuye a que la apariencia sea más importante que el contenido.”.

Estas declaración espertaron una gran polémica entre a opinión pública, o que fixo que se pasaran por alto outras de calado máis importante. A que fora corresponsal de TVE e a reporteira de guerra Mayte Carrasco fan unha fonda reflexión sobre o que significa o xornalismo nun contexto no que o seu traballo está cada vez máis desvirtuado. Coas súas declaracións dan unha lección de xornalismo que os futuros profesionais deberíamos ter moi en conta.

http://blogs.revistavanityfair.es/vanityshow/2012/03/22/rosa-maria-calaf-el-periodismo-actual-es-absolutamente-mercenario/

Bereijo Piñón, S1F, 1A3

Posted on 26 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. seminariocomunicacion1

    Que la apariencia hoy en día es mucho más importante que todo lo demás es algo que se ve a la legua. En cualquier caso hay muchos más periodistas que Sara Carbonero en la actualidad, y muchos de ellos muy competentes. Sin duda ahora mismo hay un gran furor por Carbonero, pero todo lo que sube baja, así que creo que es cuestión de tiempo que esta periodista pase a ser una más.

    Noelia Casalderrey Carballal

    • Uxía Bereijo Piñón

      Afortunadamente non en tódolos casos prima a imaxe por riba do xornalista, como é o caso de Sara Carbonero. Pero a imaxe que se dá á sociedade sobre o que é o xornalismo deixa moito que desexar. É triste que se lle dea máis importancia a Sara Carbonero, por exemplo, que a profesionais da envergadura de Rosa María Calaf.

  2. Lo que está claro es que si está ahí es porque vende, o más bien porque genera beneficios a la empresa para la que trabaja. ¿Inmoral en cuanto a la profesión periodística? Puede ser, pero también hemos aprendido que los objetivos empresariales de empresas como Mediaset (recordemos que es privada) priman sobre el resto. No debería ser así, aunque ¿qué podemos esperar cuando los informativos de cadenas generalistas ya no tiene por qué ofrecer un servicio público a la población y pueden actuar según sus propios criterios?

    • Uxía Bereijo Piñón

      Estou totalmente de acordo, pero como futuros profesionais debemos ter en conta que hai outras formas de facer xornalismo, o verdadeiro, distintas das que se adoitan mostrar en medios de comunicación como a televisión. Pode que sexa unha visión demasiado utópica sobre a profesión e que á hora de incorporarse ó mercado laboral levemos un batacazo. Pero aínda que nos vexamos obrigados a amoldarnos ó medio no que traballemos, non debemos esquecer nunca as directrices básicas das que fala Calaf.

  3. Por desgracia o xornalismo evolucionou cara o camiño erróneo, despois da época dourada onde os xornalistas que moitos admiraban se deixaban pel investigando casos escandalosos, se metían na redacción ata altas horas da noite para sacar unha primicia ao día seguinte e eran incluso admirados e respetados polo seu favor á sociedade. Hoxe en día o xornalismo por desgraza está visto dentro da farándula que conforma o medio televisivo, e a sociedade xeraliza esta actuación dos “xornalistas” televisivos a todos os que exercen esta profesión. Ademais por outra parte desgrazadamente os outros medios de comunicación están cada vez máis sometidos á censura e á manipulación. Creo que está nas nosas mans cambiar isto, e Rosa María Calaf coas súas declaracións so quixo amosar a nosa profesión algo máis digna, que nos últimos tempos hai quen se esforza por mantela polos suelos.

  4. A pesar desta visión do xornalismo negativa da que falas, quero crer que aínda existen xornalistas “de verdade” coma Rosa María Calaf, para os que a súa profesión é un modo de vida. Entenden o seu traballo coma un serivzo á sociedade e non coma un medio más para acaparar a atención mediática. Efectivamente, está nas nosas mans que todo isto cambie. Pero como facer un xornalismo de calidade ante o actual mercado laboral marcado pola precariedade (tanto na elaboración da información coma nos postos de traballo) e a inmediatez?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: