“A diversidade cultural en palabras do ilustrador David Pintor”
Con motivo da exposición de pintura Ilustramundos, decidimos entrevistar a David Pintor, ilustrador que participou na mostra, para que nos achegase a súa visión sobre a diversidade cultural na arte.
David Pintor: “A diversidade cultural é algo que hai que protexer. Algo que nos enriquece”
Nesta entrevista David Pintor falounos sobre o papel da súa obra na Exposición Ilustramundos, na que a diversidade cultural é o tema central. Segundo o artista en Ilustramundos amósase a diversidade cultural a través dos diferentes estilos pictóricos de ilustradores que proceden de tódalas partes do mundo. Esa mestura de elementos diferentes que, dende o seu punto de vista, é tan enriquecedora para a sociedade.
David Pintor tamén nos achegou información sobre a situación actual da arte e, sen querer, as nosas preguntas leváronnos cara un tema actual que suscita moita polémica: a globalización. David Pintor pensa que a globalización, aínda que en certos aspectos pode ser positiva, está a empobrecer a diversidade de culturas e isto, ao mesmo tempo, está a afectar á arte, antes sempre vinculada coa tradición e coa cultura de cada país. Así e todo, a pesar do papel fundamental que ten a diversidade cultural na sociedade mundial, David Pintor lamentouse pola nimia aparición da diversidade cultural na arte, debido a que o mercado da arte está en mans de xente á que non lle interesa este tema. Unha vez máis os intereses dos grandes magnates impiden visibilizar a verdadeira realidade do mundo.
Geada Ares
S2D
2b1
Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged Arte, Curso 2011-2012, Diversidade Cultural. Bookmark the permalink. 4 Comentarios.
A verdade é que insistiu moito en que o mercado da arte non só depende dos artistas, senón que estes están nas mans dos grandes donos do capital. O diñeiro, como se di sempre, move o mundo.
É certo que o diñeiro move o mundo pero penso que si que existe futuro para os artistas que traballan en temáticas non comerciais. A clave está en saber promocionarse, en dirixirse a un cliente específico que estea demandando ese traballo.
E como dicía David Pintor, quizaos a clave deste futuro estea na rede ou en dirixirse a públicos doutros países.
Hai que apostar e pensar en novas iniciativas, que a globalización está deixando de lado as diferentes culturas é certo pero que facer para evitalo? Aí está o que nós debemos matinar non cres?