A exclusión social nos medios

Nunha ampla proporción de noticias que tratan os medios sobre outras culturas case nunca se produce ese acercamento co Outro para tentar entender os seus problemas. Explícome: cada vez máis hai noticias sobre os inmigrantes son negativas e só inclúen, por dicilo dalgún xeito, a versión oficial dos feitos : “La población gitana que vive en chabolas baja del 33 al 25%”. Polo tanto, o xornalista non coñece realmente o inmigrante e as súas necesidades, coa consecuencia de que as noticias sobre diversidade cultural non están do todo ben contrastadas. Aínda que con todo, esta non contrastación dos feitos ocorre con máis noticias.

E creo que isto se produce pola pouca conciencia que hai no conxunto da sociedade no tema da diversidade cultural: parece que só é noticia aquilo que nós coñecemos. Pero o que ás veces se descoñece é que a multiculturalidade está no noso día a día.

Algo a resaltar como positivo ao meu parecer é a noticia que na semana do 14 tratou o xornal gratuíto Santiago Siete, onde fala da interacción e convivencia das relixións que se practican en Santiago. Creo que neste caso, o acercamento co Outro é salientable. Inclúe varias visións de persoas que falan sobre a súa relixión. Con todo, hai que remarcar que ao ser un xornal de difusión local, quizais conte con maior acceso a estas fontes, a diferenza dos medios máis xerais que traballan con información case sempre de axencias.

Todo isto saqueino en limpo facendo a dieta de medios desde o 14 ata o 21 de marzo, ao igual ca todos os membros do meu grupo de TS que tamén fixeron a mesma labor.

Gesteira Estévez

S2D

2b1

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Os xornalistas, e os que nos estamos a preparar para selos, temos unha gran responsabilidade neste tema. Tal e como está acostumada a sociedade hoxe en día o achegamento ao Outro parece unha utopía e, no noso ámbito, as rutinas produtivas dos medios parace que son outro obstáculo insalvable. E o problema é que se desde os medios non se avanza nese achegamento, a distancia entre nós e o Outro vaise alongando. Puxeches o exeplo das persoas xitanas e eu nese sentido vexo que os medios teñen (ou temos, xa que case estamos cun pé neles) moito que aprender. Este é un tema que a min me ten bastante indignado porque vexo que, día si e día tamén, aparecen noticias negativas nos xornais e cando son protagonizadas por persoas xitanas destacan no titular esa condición. E aínda hai xente que di que non é discriminatorio senón descritivo. E daquela, porque non se destaca do mesmo xeito cando os protagonistas son payos? Tamén sería descritivo, non? O caso é que esas mensaxes que estamos enviando diariamente a través dos medios acaban por ser interiorizadas como algo normal pola sociedade e isto provoca que vaian en aumento os prexuizos e mesmo que aparezan outros novos. vexamos un par de vídeos curtos (un minuto cada un) sobre o tema:

  2. hortensia gesteira estévez

    A sociedade e o xornalismo seguen unha dinámica de retroalimentación polo que a negatividade con respecto a certos colectivos dase dende un ou outro ámbito e repercute no outro. Á fin e ao cabo os xornalistas tamén somos parte da sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: