Amarelos

No meu último post falei sobre Colifata, unha radio que emite dende un psiquiátrico como parte da terapia dos internos. Coñecer esta iniciativa fíxome reflexionar sobre a capacidade de recuperación e integración que ofrece a comunicación. Recentemente atopei unha proba máis: “El mundo amarillo”.

Este libro de Albert Espinosa achégase bastante ao que entendemos por manual de auto- axuda pero non o é. En realidade trátase dunha recompilación dos descubrimentos que o autor fixo grazas a algunhas das conversación que mantivo durante os dez anos que estivo enfermo de cancro e que, ademais, poden axudar tanto aos que padecen esta enfermidade coma aos que non.

“Es curioso, pero la fuerza, la vitalidad y los hallazgos que haces cuando estás enfermo sirven también cuando estás bien, en el día a día”. (Albert Espinosa)

No primeiro capítulo Espinosa conta que perdeu unha perna durante a súa loita contra o cancro pero hoxe celébrao pensando que é unha das poucas persoas que poden recordar o proceso de aprender a camiñar. Non vou desvelar nada máis, recomendo lelo para aprender a atopar a parte positiva e deliciosa en calquera contexto de desencanto. Seguro que ao final ti tamén buscas os teus “amarelos”, esas persoas especiais que se cruzan na túa vida e cunha soa conversación poden chegar a cambiala por completo.

Pérez Capelo, S2E, 3B2

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Por como o contas debe estar xenial ese libro. Pero, as veces os libros de auto-axuda non serven para iso senon para coñecer outras vivenzas que ao mellor non coinciden coas túas. Para outra xente son moi útiles porque confían en que lles van servir para algo que precisan.

  2. María Pérez Capelo

    Eu creo que os libros de auto- axuda son unha especie de placebo, resultan curativos se o enfermo está convencido disto.
    Por iso digo que este non é exactamente un libro dese tipo, que pode axudar moito a quen ten cancro a levar mellor esa etapa da súa vida pero tamén ás persoas que estamos sás a non queixarnos tanto por vicio e a ser máis optimistas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: