¿Ata que punto as nosas compañías determinan quen somos?

Hai dous días, coma quen di, eu era unha desinteresada do fútbol. Sempre me considerei siareira do Dépor, pero era unha seguidora completamente pasiva. Case nunca vía un partido de fútbol, xogase quen xogase e fose na competición que fose. Non coñecía o nome de ningún xogador de fútbol que non fosen os típicos que saen nos telediarios (principalmente pertencentes ó Madrid ou ó Barça)… Ata agora…

Dende que cheguei a Santiago, e máis aínda durante este curso, o meu interese por este deporte foi in crescendo a medida en que a xente coa que me relacionei (e relaciono) era afecionada a el. O feito de rodearme de xente interesada nun tema determinado, neste caso o fútbol, fixo que eu de repente empezase tamén a sentir interese por el. Pasei de ser unha siareira pasiva do meu equipo a empezar a interesarme polos seus resultados, e agora non pasa un fin de semana no que non siga, xa sexa pola radio ou pola televisión, os seus partidos. Pasei de non interesarme polas clasificacións dos equipos a chorar cando o Dépor descendeu. Pasei de non coñecer ningún xogador que non fose Messi a coñecer os nomes dos xogadores do meu propio equipo, polo menos da maioría (os cales, comprobade o meu pouco interese polo fútbol, non sabía).

Isto faime pensar: ata que punto as compañías coas que nos xuntamos inflúen nos nosos hábitos e nos nosos intereses? Ata que punto os seus influxos determinan o que nós somos? Déixovos aí ese par de preguntas a ver se me axudades a reflexionar un pouco.

Domínguez Piñeiro, S2B, 2A1


Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. Óscar Martínez

    Dime con quien andas y te diré quien eres… la verdad es que muchas veces los intereses de nuestros amigos, conocidos o simplemente círculo más cercano puede influirnos. Y ya no solo los intereses, sino muchas veces sus conductas pueden acabar por hacernos de una u otra forma.

    • Alba Domínguez Piñeiro

      E tanto que inflúen… O meu creo que é un exemplo claro. Calquera que me coñecera un mínimo de antes sabe perfectamente que eu e mais o fútbol eramos coma a auga e o aceite, e mírame agora… Tamén é certo, recoñézoo, me deixei influenciar. Aínda que de forma pasiva, eu sempre fun do Dépor, e aí xa había un interese latente, polo tanto, por este deporte. Pero se non fose por rodearme de xente afecionada a el probablemente só quedaría niso, nun sentimento latente que nunca aflorecería… Pero xunteime con futboleros e, polo tanto, afloreceu 🙂
      As influencias non sempre son boas… pero neste caso si que o foron (creo).

  2. Non creo que sexa necesario comentar que as persoas somos totalmente influenciables, e non só polos nosos semellantes senón tamén por anuncios, series, famosos, música, imaxe, deseño, política, moda…
    Nada se da por azar, a persoa vai pouco a pouco establecendo unha escala de valores, gustos, afiliacións… e o caso que tí escribes é un claro exemplo. Somos manipulables, cambiantes, moldeables e influenciables. Eu sempre me rebelei a iso e de momento espero aguantar.

  3. Alba Domínguez Piñeiro

    Eu en canto a anuncios, modas, música e estas cousas penso non son influenciable. Gústame o que me gusta e sei que a maioría da xente non comparte os meus gustos, pero dame igual. O “problema” (e póñoo entres aspas porque non sei ata que punto o é) na influencia que exercen en un mesmo a xente coa que convives tódolos días. Penso que por moito que non queiramos ser influenciables, as nosas compañías máis achegadas inflúennos igualmente. E dígoo porque eu sempre estiven en contra deste fanatismo exacerbado que existe entorno ó “deporte rei”, e resulta que cada vez máis, sen querelo, estou máis inmersa nel…
    Por iso solto a pregunta de ata que punto somos influenciables. Debería matizar “aínda que non queiramos”, porque eu non me considero unha persoa demasiado influenciable, pero acabei caendo, non noutras cousas, pero si nisto.

  4. Lara Lozano Aguiar

    Todos nos deixamos influenciar polos demais. Pasa en todos os aspectos da nosa vida pero e que somos unha comunidade e cada individuo intenta integrarse nun grupo e ese foi o teu caso, pero de seguro que non estás arrepentida! Somo así e aínda que non queiramos influenciarnos pero todo ten os seus pros e contras aí está a cuestión de integrarnos como membros dun grupo!

    • Alba Domínguez Piñeiro

      Supoño que ó final é todo consecuencia da natureza gregaria do ser humano. A necesidade de formar parte dun grupo social fai que nos abramos a cousas ás que nós por nós mesmos non nos abririamos.

  5. Miriam Varela Fernández

    Dende que nacemos aprendemos todo do noso medio ambiente, donde vamos medrando, o lugar onde estamos… Todo iso exerce unha forte influencia sobre nós. Unha das influencias máis potentes que podemos experimentar provén do tipo de xente coa que interactúas regularmente, tanto na familia como no traballo, no ocio… Sabemos que o ser humano pola súa natureza non pode vivir en soidade, estamos chamados a establecer vínculos. Non podemos realizarnos completamente sen poder construir lazos, compromisos… que, de xeito consciente ou inconsciente, producen sobre nós certos efectos.

  6. Alba Domínguez Piñeiro

    Iso está claro, o feito de sermos seres gregarios condiciona que as relacións cos demais sexan fundamentais na nosa vida, e é iso o que fai que acabemos influenciados polos demais. O que a min me chama a atención é o grao de influencia que poden chegar a ter os demais en nós. No meu caso, pasar de non importarme nada o fútvol a seguilo tódalas semanas penso que e unha influencia bastante pronunciada. Tamén supoño que é cousa das persoas en concreto que te inflúen. Hai xente que ten máis poder de influencia ca outras persoas nos demais. Eu, por exemplo, non creo que influise tanto en nigunha desas persoas que me meteron no mundo futbolístico como influiron eles en min…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: