“Comunicación política no TS”

Rompendo un pouco coa dinámica programada no calendario do noso TS, estes últimos sete días foron dunha semana de toma de decisións. En primeiro lugar, porque xurdiron imprevistos:  Santiago Martínez, consultor político co que contactamos para pedirlle que ofrecese unha charla sobre comunicación política nas redes, anunciounos que, moi ó seu pesar, non podería acudir nesas datas. E en segundo lugar, porque para compensar esta falta, decidimos apuntarnos ó ciclo de cine que se realizará na USC entre o 9 e o 13 de abril. Para iso, os membros do noso grupo escollemos a película Presidente Mitterrand, que consideramos idónea para, por unha banda reflexar o carácter dun político coma foi o ex mandatario socialista e, por outra, porque sen deixar de lado as nosas raíces de xornalistas, pensamos que podería dar bo xogo analizar a interacción do presidente co reporteiro nun coloquio posterior que teremos.

Por outra banda, seguimos querendo falar cos protagonistas do noso traballo, os verdadeiros políticos, non os do cine. Para iso elaboramos un cuestionario que, en canto poidamos, remitiremos ós gabinetes de comunicación dos partidos maioritarios en Galicia: PPdeG, PSdeG e BNG. Deste xeito, esperamos poder pactar unha entrevista con cada un dos representantes para que nos dean máis pistas sobre o funcionamento da comunicación política, se é verdade que os políticos xestionan eles mesmos os seus perfís nas redes sociais ou que posibilidades lles ven nun futuro a estas para captar simpatizantes. Manterémosvos informados. De momento, deixámosvos cun pequeño adianto de Presidente Mitterrand, o filme que proxectaremos de aquí en dúas semanas na facultade.

Fernández Fernández, S2B

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Esta peli é moi boa para o que queredes ilustrar. Non obstante habería que coñecer o perfil persoal e político dun grande do socialismo europeo como François Mitterrand, xa que se non se perde no subtexto moita intencionalidade. A figura do entrevistador, do periodista de retrato, que pescuda a estela dun home (finalmente, un home) que o foi todo, é imprescindible para observar as feblezas da experiencia periodística diante das persoas. Moi gratificante. Ogallá vos saia ben o debate posterior, xa que ten moita migha. Tanto para disfroitar das interaccións, dos diálogos cativos, como para repasar a historia dun político que moitos denominaron “A Efixie”, difícil de pescudar.
    Martínez Hermida CIC

  2. Emma Fernández Fernández

    Grazas. Quizais teñamos en conta o seu consello e antes de visionar a película preparemos unha pequena ficha bibliográfica para axudar a seguir e comprender mellor a película a aqueles que non coñezan moito sobre a vida e figura de Mitterrand. Se cadra a deixamos caer no seguinte post para que a xente poida ir documentándose.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: