Especialización local en medios xeralistas

O Baixo Miño, o Salnés, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Val Miñor… Todas as comarcas das Rías Baixas galegas teñen presenza en distintos medios de comunicación, tanto xeralistas coma locais. Sen embargo, cada un destes medios ten o seu xeito de clasificar a información referente a cada zona xeográfica.

A comarca de O Morrazo, situada entre as rías de Vigo e Pontevedra, é un claro exemplo desta distinción nos medios. Así, temos que o xornal con maior tirada desta península, o Faro de Vigo, conta cunha edición propia para esta zona e unha redacción propia, en Cangas.

Mapa Morrazo

Mapa da comarca de O Morrazo

Pola súa banda, o Diario de Pontevedra tamén fai un seguimento das catro localidades que forman parte do Morrazo, aínda que neste caso Marín vai separado na propia distribución do xornal do resto dos municipios pertencentes á comarca.

La Voz de Galicia é o xornal con menos tirada dentro da comarca. Sen embargo, nas súas seccións tamén se fai referencia aos diferentes municipios, aínda que non se consideran coma un territorio común. Así, na edición dixital pódese observar coma o municipio de Marín aparece incluído en Pontevedra, mentres que os municipios de Moaña e Cangas inclúense na zona de Vigo.

A inclusión dos medios na rede deu lugar tamén a novas posibilidades de comunicación que abren as portas a unha información máis especializada no local dun territorio. Neste sentido apareceron recentemente páxinas coma “Xeado de Toxo, o teu guieiro do morrazo” ou “delMorrazo”, que fan competencia aos medios máis tradicionais.

Rivas Martínez, CL4X

Posted on 27 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , , , , , . Bookmark the permalink. 4 Comentarios.

  1. Hai que ver que desfeita de cobertura de medios. Como é que é ise espazo medial? Como aclararse segundo leas un diario ou outro?
    Deslocalizados. E Bueu non existe para La Voz?. Suxerente lectura do mapa morracense.
    Martínez Hermida CIC

  2. Iso das comarcas non é de todo certo, e o batiburrillo informativo tamén afecta ó meu concello, por exemplo “La Voz de Galicia” , “Faro de Vigo” e “Diario de Pontevedra” inclúen a Sanxenxo na súa correspondente edición de Pontevedra ( no caso da Voz en “La Voz de Pontevedra”). O Diario de Arousa é o único que conserva o ámbito puramente comarcal, pero de todas maneiras non existe unha edición “Salnés” en ningún dos outros. Debe ocorrernos algo similar a Marín penso…

  3. Óscar Vallo Mirás

    Según lo que he entendido leyendo el post dices que la inclusión de los medios en la red favorecerá a una información más especializada (en cuanto a información local). Cierto es que debería de ser así, pero el dinero escasea y no todo es considerado noticia. Asi que dudo mucho que exista tal especialización, ¿no crees?

    • Lara Lozano Aguiar

      Estou contigo a economía métese no medio para este tipo de xornalismo e haiq ue ver que co paso do tempo cada vez van ser máis xerais e non se van localizar as noticias. A cobertura de cada medio vaise mermar pouco a pouco…non cres?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: