LLamazares e os seus “tuits”

É que a vida nas redes sociais dan para moito. Fálovos de comunicación e políticos, eses seres que de cando en vez baixan do seu “Olimpo” ó mundo terreal para facer o que o común dos mortais chamamos “twittear”. Pois Gaspar LLamazares para mín é o paradigma de “twitterman”, xa que supoñendo a priori que sexa él en persoa o autor dos mesmos pódese dicir que non para. Quen siga a este home pode saber que ata interactúa cos cidadáns, e rebate o tema do día creando un mini-foro paxareiro que non pasa desapercibido. Por suposto a crítica á dereita española, á reforma laboral e a un longo etcétera enche case sempre os seus 140 caracteres, ademáis utiliza para isto unha linguaxe propia do pobo chan, sen demasiadas rimbombancias. Un non sabe,de feito cál é a fronteira entre LLamazares como imaxe de Izquierda Unida ou LLamazares a título persoal ou si se confunden os papeis. O que ninguén dubida é que está en campaña eterna, e polo menos da a cara co seu electorado. Se se compara o uso que fai Gaspar LLamazares do Twitter có de outros políticos coma Mariano Rajoy, presidente do país a diferencia é evidente. Tanto Rajoy (será a título persoal?) coma Wert limítanse a ir contando todo o que fan,case nunca escriben nin as impresións, nin críticas,coma teletipos de noticias. É certo que cada vez máis persoeiros públicos se suman ó movemento twitteiro para achegarse máis ó pobo,a diferencia radica na maneira de comunicar. Ábrense novas ferramentas electorais, e está por ver que consecuencias vai traer.

Diario Público 3-9-11:A importancia do Twitter na política:

http://www.publico.es/espana/394372/twitter-marca-la-votacion-de-la-reforma

Leiro Magdalena S2B 2A4

Image

Captura do Twitter de Llamazares.

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: