“Música e sociedade”

Jaime Hormigos Ruiz publica en 2008 Música y sociedad, unha análise sociolóxica da cultura musical con respecto á sociedade e á posmodernidade. Desta obra estamos a sacar datos moi interesantes para incorporar ao noso traballo. Entre outras cousas, analiza cronoloxicamente como a música se vai vencellando á sociedade ao longo da historia, xa dende a Grecia clásica (que era empregada para os rituais de culto aos deuses), e á comunicación (xa dende a Idade Media por exemplo cando, vendo o interese e a relevancia que suscitaban na poboación os xoglares, eran pagados para facer propaganda política).

Xunto a este, estamos lendo outros 7 libros máis que nos sirvan de guía para confeccionar o noso traballo, se ben é certo que ningún deles trata especificamente a comunicación musical entre xeracións. Por iso, temos que ir sacando información de onde se pode.

Asemade, tamén estamos realizando xa os cuestionarios para analizalos canto antes. Este luns tamén tivemos unha entrevista coa musicóloga, que nos dixo que estabamos facendo un traballo moi interesante e que nos axudaría no que puidese.

Quedan poucos días para a nosa exposición, o xoves á volta de semana santa así que intentaremos traballar o máximo posible, a pesar da distancia á que estaremos os membros, para facer canto menos amena e interesante a presentación no noso TS.

Ferro Falcón, S2A, 2A2

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. ¿Todos los libros que leísteis tienen relación con historia de la música o hay de otros temas?
    ¿Cómo fue la entrevista con la musicóloga?
    Espero ansiosa vuestra exposición,

  2. Ferro Falcón, Roi

    Os libros que lemos están máis ben vencellados á relación música-sociedade, se ben é certo que algunha das súas teorías se poden aplicar tamén ó ambito familiar. É dicir, que aínda que no libro non poña explicitamente como é a comunicación musical entre xeracións si nos podemos facer unha idea ó relacionar o tempo no que viviu cada unha, por exemplo..
    Coa musicóloga moi ben. A verdade é que nos axudou bastante aínda que a súa tese sexa sobre outro aspecto da música. A entrevista foi bastante informal, servindo dunha fonte directa e á vez, moi cercana.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: