O perigo dunha soa historia

O acontecemento está composto por diferentes elementos que o conforman e o fan único. Se eliminásemos do noso discurso informativo un deses elementos estaríamos amosando só unha parte da realidade e ao mesmo tempo, estaríamos a enganar ao noso lector pois este pensaría que esa información é a única verdadeira.

Despois de varios días analizando a información, que aparece nos medios de comunicación, sobre o inmigrante cheguei a varias conclusións:

A inmigración non é un tema recorrido nos xornais e cando aparece unha noticia desta temática, soe estar relegada a unha zona pouco visitada polo lector. Existen uns condicionantes políticos, que fan relegar este tipo de información a un segundo plano pois non é moi agradable contar que, por exemplo, só o 25% da xente que cruza o Estreito de Xibraltar, consegue chegar a España. Con todo, a “ocultación” de datos non é o máis grave. Todas as noticias que atopei nos últimos días, falan só de números e das fatalidades de cruzar en patera, mais non aparece ningunha información que faga referencia ás dificultades e ós perigos cos que se atopan cada día os inmigrantes na súa nova comunidade, así como a continua violación dos dereitos do emigrante tanto nos seus traxectos migratorios como durante a súa estancia no país estranxeiro.

Esta reducción da realidade da inmigración está a afectar negativamente á nosa idea do inmigrante. Por isto é preciso abrir os ollos. Así o explica Chimamanda Adichie na súa conferencia: The danger of a single story

Geada Ares

S2D

2b1

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 6 Comentarios.

  1. hortensia gesteira estévez

    Eu creo que, en maior ou menor medida, todos sabemos do inmigrante aínda que non saia nos medios de comunicación. o caso é que debe ser mellor pechar os ollos e non abrilos para achegarnos ao Outro. Será certo iso de que o Occidente vive mellor na súa burbulla?

    • Antía Geada Ares

      Está claro que a Occidente (os gobernos e parte da sociedade) non lle interesa a situación deplorable na que viven cada día moitos inmigrantes. A maioría ve aos inmigrantes como un problema e non se intenta comprender a súa situación. Que fariamos nós se estivésemos morrendo de fame no noso país?

  2. No Seminario de Xornalismo Social ao que está asistindo o meu ProT falouse a semana pasada do mesmo que estás contando, pero nese caso facíase referencia a xente sen fogar, cegos e discapacitados.

    As ONGDs teñen uns manuais de conducta para o tratamento de noticias acerca destes grupos sociais, explican que é vexatorio e que se considera respetuoso. Sorprenderíaste lendo que invidente é prácticamente un insulto, igual que vagabundo; e o mesmo acontece co colectivo inmigrante.

    Realmente creo que as forzas políticas son simplemente unha máis das forzas que impiden que as noticias do estreito (e outros movementos migratorios) aparezan en portada. A xente non quere saber, e se a xente non quere saber non van a ser os medios quenes llo poñan á altura dos ollos porque entón perderían unha gran cota de mercado (condicionante económico e social).

    Xenial a conferencia, todo o mundo debería vela!

  3. Antía Geada Ares

    Eu penso que a inmigración si que interesa á xente, o que pasa é que non interesa aos grandes poderes políticos e económicos, que son os que moven todo. En certo modo penso que os medios son os culpables de que a sociedade teña unha imaxe equivocada do inmigrante.

    • Non creo que a culpa sexa só dos medios, o problema da sociedade española é que olvida moi pronto. E temos a imaxe que temos do inmigrante a pesares de que nós tamén o fomos e tampouco hai tanto tempo, e ademáis estamos a volver a selo… Como podemos ter unha imaxe equivocada do que nós fomos?

      Non gusta recordalo, non gusta nada, e non gusta nada tampouco que nolo recorden en portadas. Recorda que os medios escriben o que o público quere ler, ahí hai un condicionante moi relevante, moito.

  4. Non son só os medios, pero estes tamén están a influir moito. Persoalmente penso que o motivo de que teñamos certa imaxe erronea do inmigrante non é o esquecemento, senón a ignorancia. No caso dos galegos, as xeracións que viviron esa emigración si que son conscientes da situación que están vivindo os inmigrantes. De feito nunha entrevista co director de Ecus Zebra, Víctor Ogmba, el comentoume que os galegos son moi solidarios cos inmigrantes.O problema penso que está nas novas xeracións que non viviron iso e que non son conscientes diso. Estou convencida de que a xente que tivo que marchar do país comprende ao inmigrante (refírome aos galegos).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: