ProT: “AGARESO” Xornada intensa

Remata outro martes da man de AGARESO. Pouco a pouco nos fomos facendo un oco e gañándonos máis a confianza de todos, en especial de Carmen Novas, a coordinadora do seminario.Durante esta tórrida tarde de marzo o menú de hoxe comezou con dous pratos fortes. E como non son doados de dixerir o grupo decidiu partir o post en dous e adicarlle a semana próxima á segunda parte da xornada de hoxe, posto que durante Semana Santa non haberá seminario. Coma sempre ás 4 en punto da tarde comezou a xornada. Susana ía falar dun proxecto que levou a cabo AGARESO en colaboración coa Xunta, ACPP e Cordes en El Salvador. De seguido puxemos toda a nosa atención en Susana, que ía narrando en primeira persoa a experiencia vivida o verán de 2011, onde percorreu 7 escolas en 18 días, nunhas xornadas polos manglares do Baixo Lempa, de illa en illa e sen máis medios ca un equipo de radio do máis rudimentario co que experimentaban cós escolares que colaboraban a modo de xornalistas fortuítos. O obxectivo da viaxe era concienciar á poboación e especialmente ós máis novos na necesidade dunha pesca sostible nun marco de natureza sostible, tendo a radio como único medio de difusión, e sorteando toda clase de dificultades. Así de aldea en aldea foron falando dos diversos temas, tartarugas mariñas, auga, o punche (caranguexo local)… Desa maneira, coa axuda dun excombatente salvadoreño chamado “Pedro” e coñecendo o contexto do país e da rexión foron levando a cabo o seu obxectivo. O próximo ? Mellorar os medios no país.

Blog de AGARESO no Baixo Lempa: http://agaresobajolempa.blogspot.com.es/

Leiro Magdalena S2B, 2A4

Posted on 27 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , . Bookmark the permalink. 1 comentario.

  1. Recomendo o video resumo do proxecto a todo o mundo, e incluso botarlle un ollo aos podcast que saíron da experiencia. Mentres viamos falar a Susana e Carmen todo o mundo estaba a pensar “que boa idea”, posiblemente sexa unha desas experiencias que che cambian a vida.

    Tamén se falou da continuidade do proxecto! Volverán ao Baixo Lempa pero esta vez irán a San Luis de la Herradura e editarán un audiolibro cos podcast e as fotografías que saian da viaxe e do proxecto.
    Tamén en 2013, presentarán unha nova proposta a concurso para participar esta vez con Radio Teguacán e mellorar os seus medios durante 1 mes, traballarán con xente nova e intentarán crear unha rede de correspondentes nas radios comunitarias do arredor (os nenos que participaron nos obradoiros dos anos anteriores, 2011 e 2012).

    Realmente é un proxecto interesantisimo e moi necesario para os xóvenes desta zona, que están a aprender que teñen unha voz que debería facerse ver e escoitarse.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: