“Prot: Entrevista ós xornalistas”

A semana pasada fixemos un cuestionario para os xornalistas da Cope no que lles preguntamos polos intereses da cidadanía, pola responsabilidade social da radio, pola responsabilidade que asumen eles á hora de elaborar a axenda temática, polo seu nivel de imiplicación persoal con esta e polo peso final que teñen os temas socias na grella de programación.

 Esta semana fomos ata a Cope para poderlles facer unha entrevista en base ó cuestionario pero por falta de tempo, xa que tiñan que facer un programa, non puidemos facerlla e quedamos con eles este xoves para entrevistalos e ver o seguimento que a radio lle dá á folga. Temos pensado seguilos durante todo o día e, sobre todo, facer fincapé nunha entrevista da tarde que se lle fará a algunha persoa relacionada coa folga e a reforma laboral (aínda non nos precisaron quen é).

Por outro lado, pedímoslles un dossier sobre a programación diaria para fixarnos na relevancia que se lle dá ós contidos de corte social durante o espazo informativo. Así, para o pasado martes, a única referencia foi a conexión coa xornalista Patricia Iglesias na Praza do Toural por mor da celebración do día do Párkinson. Para o día seguinte, non atopamos ningún contido de corte social e o xoves, o único que poderiamos relacionar sería a entrevista con Xabier Sánchez, presidente da Asociación de Veciños de Conxo Aberto. Polo tanto, despois de analizar estes documentos, podemos concluír que son escasos os minutos adicados a temática de corte social se o compararmos co tempo que lle adican á política ou cultura.

BOE: http://boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2012-4071

Cruz Portela, S1C, 2A3

Posted on 27 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Poderiades facer unha quedada na facultade cando teñades todo iso porque os demais queremos ver como se organizan tamén. Non sei…sería moi interesante asique aportádenos algo do que conseguides e máis nun dí de folga que debe ser duro cubrila!

  2. seminariocomunicacion2

    Cando teñamos toda a información intentaremos facérvola chegar. Por agora xa lle fixemos un cuestionario a un dos traballadores; é moi interesante ver a súa opinión sobre a radio xa que é unha opinión de dentro.

    Cruz Portela, S1C, 2A3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: