Daily Archives: 28 Marzo, 2012
Os inmigrantes, mudos na prensa
Con motivo do noso traballo de TS, que ten como finalidade o estudo da situación do colectivo inmigrante hoxe en día e no noso entorno, estamos deseñando unha serie de actividades que nos axuden a difundir as súas vivenzas e o rol que ocupan dentro da sociedade. Nesta ocasión, escollemos a elaboración de dietas: cada un dos membros do grupo escolleu un medio de comunicación ou varios e fixo un estudo das noticias (publicadas entre o 14 e o 21/03/12) sobre o colectivo inmigrante.
Eu seleccionei o xornal El País. Despois de ler as diferentes novas e de observar a voz ou o protagonismo que se lle otorga aos inmigrantes cheguei a unha serie de conclusións. A primeira dela, e que se pode apreciar a simple vista, son os temas da información de índole marxinal ou delictivo (prostitución, rede de tráfico de persoas) ou institucional/corporativo ( ONGs, censos). Polo tanto, o contido das informacións non tratan, polo analizado, aspectos positivos do colectivo. Ademais, nestas novas a voz dos inmigrantes é inexistente. Na noticia sobre prostitución (http://bit.ly/Hf4Npl )que alerta da gran porcentaxe de mulleres inmigrantes que se ven envoltas na explotación sexual, non mostra nigún dos seus testemuños.
En conclusión, ao colectivo de inmigrantes outórgaselle un rol negativo ou en todo caso, adornado con novas institucionais que non teñen máis fin que un reconto cuantitativo. O xornalista debe ahegar as vivenzas dos inmigrantes e deixarlle un espazo, tamén, para que eles o fagan.
Mosteiro Reboredo, Mª Cristina
S2D, 3a1
“ProT: Bailaches Carolina, bailei si señor…”
Continuando con nuestro trabajo de TS la semana pasada, en concreto el jueves, hemos visitado con ATEGAL el centro Cottolengo. Este lugar alberga a minusválidos “de gravedad”, de tal forma que nuestra visita junto la de Fátima y Míriam además del resto de asociadas de ATEGAL es una novedad para los enfermos. Llegamos puntuales a la cita con Iván Varela, miembro del GOBE que le toca supervisar nuestros progresos. Al momento apareció la expedición ATEGAL. Nos enfrascamos en la tarea. No es una situación cómoda, pero hay que demostrar entereza. Globos en mano, sonrisa en la boca y alegría en el cuerpo. Nos conducen al salon de actos, en donde van llegando a cuentagotas las enfermas. Al final nos tocó ejercer de animadores, poner nuestro grano de arena para que ese día fuera inolvidable. Repartimos los globos, jugamos con ellos, animamos, bailamos, cantamos y hasta “peloteamos” con ellos. Hora y media más tarde tocó poner fin. Los internos del centro del Cottolengo nos lo agradecieron, sabemos que ha sido un día inolvidable, en especial para alguna de las participantes que no pararon de pedirnos bailes con música de David Bisbal, Civera y compacompañía. Algunos pudieron participar más activamente en las actividades. Otros, por desgracias de la vida, no pudieron pero según nos han afirmado las enfermeras ha sido un soplo de aire fresco para su rutina diaria. Este jueves, más.
Martínez Montero, S2C, 3A2
Destino: Salamanca
O pasado venres saíu a lista provisional de destinos SICUE para o vindeiro curso. E a min, xunto con Bea Yáñez, tocoume a Universidade Pontificia de Salamanca -tal e como quería.
Esta capital de provincia castelá –declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO, por certo- é un dos destinos universitarios por excelencia en España. O ambiente que se respira nas súas rúas tan cheas de historia é semellante ó casco vello de Compostela e o seu “bule-bule” diario. Así, os mozos e mozas que alí estudan enchen de frescura o seu distintivo plateresco avellentado polos séculos. É un lugar con moita vida. Ademais, conta coa universidade en activo máis antiga de España, que constitúe tamén unha das primeiras fundadas en Europa. O tan sabio Afonso X, alá polo século XIII, impulsou un primitivo centro de estudos que -¡quen mo diría!- darame a min acollida no próximo ano.
Velaquí o que considero un dos cambios máis significativos: pasar dunha USC pública (por agora) a unha UPSA privada. Sei que estarei fóra de “hábitat”, e isto imponme un pouco, pero tamén sei que é unha experiencia e que, coma todas, me enriquecerá. Será un gran cambio a nivel profesional e a nivel persoal, que, expectativas á parte, só poderei valorar cando conclúa. Polo de agora, quedo cunha frase de William Shakespeare que di que <a aprendizaxe é un simple apéndice de nós mesmos: alí onde esteamos, estará tamén a nosa aprendizaxe>. Pois desta volta, toca Salamanca.
(Vídeo dun programa de La Sexta sobre a vida universitaria salamantina)
http://www.youtube.com/watch?v=mdm63ynCUEQ
Liñares García, GBCP.
“ProT: A importancia de comunicar”
Seguindo co cronograma establecido hoxe foi o noso último día en GOGAMI. Para unha entidade como esta as redes sociais son imprescindibles xa que ó ser unha asociación sen ánimo de lucro tampouco poden permitirse gastar cartos na difusión da súa imaxe polo que as ferramentas que ofrece a web revolucionaron a forma de traballo do gabinete de comunicación.
COGAMI ten perfil en facebook, twitter, google+, linkerin, youtube, ibox… Estes perfís axudan a difusión da labor que leva a cabo a entidade e completan ó boletín. Ademais, COGAMI renovará este mes a súa páxina web (pincha aquí para ver a actual) e estase a manexar a posibilidade de inserir publicidade para así obter beneficios económicos. O que máis nos chamou a atención na nova páxina web, xa que nos tivemos a posibilidade de vela, é que ten unha guía de estilo para xornalistas para que aprendamos a tratar ás persoas con discapacidade nos medios.
Por outra banda, axudamos ó gabinete de prensa coa realización dunha estratexia comunicativa para achegar a labor de COGAMI á Costa da Morte. O traballo xa estaba algo encamiñado mais nós puidemos aportar ideas frescas, xa que non estamos encasilladas nas rutinas que eles teñen de traballo, e estas foron aceptadas por parte dos membros xa que lles parecían axeitadas. Algunhas das nosas ideas foron as charlas sensibilizadoras nos institutos ou o contacto mediante redes sociais con posibles interesados antes da chegada de COGAMI ó seu Concello para que así xa teñan unha idea previa.
Pedrouso Areán
S2D, texto do grupo ProT 3a1 (Mosteiro Reboredo, Paz Fraga, Pedrouso Areán)
16 anos en común
Estes días cúmprense 16 anos do nacemento de Cuac FM. Seguramente moitos de vós non saberedes de que estou a falar. Eu, ata hai uns días, tampouco.
Foi polo facebook dunha amiga como me enteirei da existencia da emisora coruñesa. Pirata para algúns, comunitaria para outros, o caso é que esta radio é distinta, e non recibe ningunha atención dos medios de comunicación, tal e como reza o pé da foto do anivesario: “Comparte esta imaxe no teu muro. O resto de medios de comunicación non lle van adicar nin un breve a esta nova”.
Así, comprobei que existe vida máis alá de Radio Favela, e que esta se atopa máis preto de nós do que pensábamos. Lonxe de enseñacións do profesor e magníficas películas que idealizan a realidade -como eu consideraba cando vin Radio Favela-, as radios comunitarias non supoñen unha utopía, tal e como demostra Cuac FM.
¿Pero como funciona Cuac?
O funcionamento é ben simple, e aberto á participación de todos. Por unha cota de 24 euros ó ano, cada socio de Cuac obtén o dereito a participar na elaboración dun programa semanal dunha hora. Así, a grella de Cuac FM estrutúrase a través deses espazos, nos que, sen ningunha censura, se recollen os intereses da cidadanía, que non son outros que os intereses da pluralidade de socios que a forman.
Así, se collemos as características que relacionan a comunicación coa comunidade veremos que Cuac FM cumpre todas: unha localización (neste caso local), unha elevada participación e sinxelo acceso ós seus micrófonos por parte da cidadanía e unha alternatividade que a converten nunha verdadeira emisora comunitaria.
Fernández Lema, S2B
ProT: A cooperación non é caridade
A colaboración coa cooperativa PANXEA estanos acercando ao mundo do comercio xusto e responsable. Ademáis de realizar labores de comunicación como a xestión das redes Twitter e Facebook, tamén recibimos breves seminarios de formación por parte dos membros.
Pero xa non se trata só dunha tarefa obrigada, o pasado sábado, asistimos de xeito voluntario e fora do noso programa de traballo coa asociación, a unha charla sobre cooperación internacional. “Cooperación en Galicia en tempos de crise” foi un obradoiro no que membros da ONG SODePaz nos mostraron un dos proxectos que están realizar na rexión de Potosí, en Bolivia, para mellorar as condicións de vida dos habitantes, pero non dun xeito caritativo, senón a través de cursos de formación en distintas especialidades (enfermería, industria agroalimentaria…) e favorecendo a súa economía a través de avances técnicos nos sistemas de cultivo e gando.
Pero a labor destas asociacións non se limita só a formación técnica e económica. Tamén trata de formar, tanto nas rexións receptoras de cooperación como nas emisarias. Porque tamén é preciso formar nos países “desenvolvidos” para que sexamos conscientes do que ocurre no outro lado do mundo e como podemos ser xustos. Moitas veces so fai falla mirar as etiquetas do que consumimos e adicar uns intres a pensar de onde veñen e como chegaron ata nós.
Nas súas webs tedes toda a información se vos interesa coñecer máis:
Fontal Mato, S2C, 2B2
A música ten mensaxe e ás veces letra
Moitas veces entendemos por cancións con mensaxe aquelas que teñen unhas letras reivindicativas, as chamadas cancións protesta. Pois ben, eu coido que a música pode conter e transmitir mensaxes teña ou non letra. De feito, na miña opinión, as cancións levan letra cando non son capaces de transmitir a mensaxe coa melodía.
Fixémonos, sen ir máis lonxe, na música do cine. Por regra xeral, a música nos filmes de terror e de suspense non ten letra pero é un dos elementos chave para transmitirnos esa sensación de tensión e mesmo de medo que nos fai saltar da cadeira nun momento dado. Neste sentido, unha escena que me parece moi interesante é a da ducha en “Psycho” de Hitchcock.
Outro exemplo. Este coido que é máis macabro e, neste caso, representa o efecto que pode ter a música nun contexto concreto dentro da propia película (xa non só no espectador): “Apocalypse Now”, de Coppola. Nesta película hai unha escena na que os soldados americanos utilizan a composición de Wagner “Ritt der Walküren (Cabalgata das valquirias)” como tortura previa, e despois simultánea, ao bombardeo dun poboado vietnamita. O asunto é que esa mesma música xa fora utilizada na realidade do mesmo xeito e coas mesmas intencións polas tropas nazis na segunda guerra mundial. Dise que Coppola se inspirou nese feito para levar a cabo esa escena que, por certo, non ten desperdicio, igual que toda a película.
Pica na seguinte ligazón para ver a escena: http://youtu.be/Gz3Cc7wlfkI
España Faqué, S2F, 2A4
La calidad del periodismo amateur
Cada día es más frecuente encontrar en Internet blogs dedicados a informar sobre deportes, música, cine, moda, etc., escritos por personas no profesionales. Es una manera de hacer periodismo sin trabajar necesariamente para un medio de comunicación. Muchos- yo incluida- somos estudiantes de periodismo, pero hay muchos ‘bloggeros’ que estudian otras carreras y escriben por puro amor al arte. Y sorprende la calidad y el esmero que la gente le dedica a esta especie de periódicos online.
El periodismo actual está de capa caída y eso lo sabe todo el mundo y por eso estos blogs tienen aún más mérito. En el ámbito del deporte, que es lo que más cerca que toca a mí, hay una gran cantidad de microespacios dedicados a hablar de fútbol, baloncesto o cualquier otro deporte. Gente que habla de la actualidad de su equipo o de los últimos rumores de fichajes, crónicas elaboradas con todo lujo de detalles, galerías de fotografías, de todo podemos encontrar en estas plataformas. Y no sólo destacan por su calidad, si no porque sus autor@s no viven- al menos no todos- de ello. Tienen que compaginar la organización de su blog, con los estudios, el trabajo, la familia, etc.
Pero los blogs no son la única representación de periodismo amateur que podemos encontrar en la red. Los programas de radio en Internet también son otra manera de hacer periodismo- aficionado.
Muchos de estos “periodistas no profesionales” llegan a encontrar trabajo en un medio de comunicación profesional, por lo que la práctica puede servir como un trampolín a la fama.
Fernández Suárez, GBCP 2A1
¿La administración crea colas para que no participemos?
El otro día tuve que realizar un trámite ante un organismo oficial del estado. Madrugón, cola y un saco de paciencia fue la receta para una “mañana horribilis”, donde cada despropósito organizativo superaba al anterior. Entre tanta gente, el agobio por ver que podría ser posible tener que volver otro día y similares me entró una reflexión entre oreja y oreja: ¿por que hacemos esto? ¿para que sirve?. La respuesta ya la dio el premio Nobel Douglass C. North afirmando que las instituciones generan las reglas del juego. Puedo entender que cada operación tiene sus pasos necesarios, ¿pero de verdad es necesaria perder una mañana entera (sin exagerar) para que una administración pública te haga entrega de un papel conforme has realizado X actividad? North tenía razón: la burocracia acaba por desincentivar la participación social y, por ende, nuestro protagonismo en la sociedad excluyendo el sano acto de introducir el papel en la urna. Porque en mi caso necesitaba ese certificado a vida o muerto, sino desde luego que tanto tiempo acabaría por hartarme. ¿Tres colas, funcionarios bordes (no todos, sino los que me atendieron) y horas perdidas de mi vida personal y académica/laboral valen lo mismo que un simple documento? Para mi la respuesta es no. Igual es hora de facilitar la administración 2.0 de verdad, dejarse de líos y darle por fin la razón a North. Voy a acabar pensando que las instituciones generan estos problemas para que las dejemos en paz. ¿O no lo parece?
Martínez Montero, S2c, 3a2
¿Fiesta u oportunidad?
Llegan los ecuadores de las carreras y los estudiantes se enfrentan a una dura decisión, continuar con su vida habitual o dar un giro radical yéndose a otro país a estudiar. A priori la opción es muy apetecible. Un año fuera, nuevo idioma, nueva gente y fama de fiesta en cualquier Erasmus.
¿Es realmente rentable? Cuando se trata de un Erasmus siempre surge la eterna duda de si será un año provechoso o un año de fiesta. Concretamente esta duda les surge a menudo a los padres de los estudiantes. Para el estudiante obviamente sin problema, pero para el padre ya ha y un obstáculo que le impide concebir el Erasmus como algo bueno.
El programa Erasmus es uno de los pilares del actual plan Bolonia y fue instaurado en 1987 en la Unión Europea. Su objetivo principal es el de promover la movilidad de los estudiantes con el objetivo de que obtengan una formación mejor y puedan conocer otras culturas, idiomas y ambientes.
Su éxito ha sido rotundo desde su creación. En la primera convocatoria Erasmus 3000 estudiantes españoles se anotaron al programa, esta cifra llega a ser de 180000 en el año 2008. Las experiencias que cuentan los estudiantes españoles en el extranjero son en general muy buenas, con estas referencias es normal que una gran cantidad de estudiantes lo soliciten cada año.
Yo por suerte podré comprobar como es la experiencia el año que viene.
Datos Erasmus España:
http://www.sc.ehu.es/sfwseec/reec/reec15/reec1505.pdf
Diego Mariño Román S2, S2F
O estraño caso do queixo ‘indie’
Esta fin de semana celébrase en Vilalba o primeiro gran festival do ano, o FIV (Festival Independente de Vilalba), que nesta edición achegará á capital chairega as propostas de grupos ‘indies’ tan relevantes no panorama estatal como poden ser Sidonie, Corizonas ou Delafé entre moitos outros. Dous días, venres e sábado, 30 e 31 de marzo, no que xa está confirmada unha asistencia masiva de máis de 5.000 persoas.
Curiosamente, xusto unha semana máis tarde ten lugar no mesmo sitio (e ademais, concretamente, xa que ambos eventos se celebran na céntrica Praza da Constitución vilalbesa) pero, obviamente, nun horario distinto, a XXVIII Festa do Queixo, unha cita ineludible para tódolos amantes da gastronomía galega, exemplificados no sabor auténtico e afumado do inconfundible San Simón da Costa. Outros dous días, desta vez 7 e 8 de abril, que tamén están sinalados na axenda de numerosos visitantes. Pero, serán os mesmos que os do evento anterior?
Nunha primeira ollada, o primeiro impulso será dicir que non, que é imposible que os máis ‘modernos’ poidan ter algo en común cos máis ‘tradicionais’ e, certamente, adoita suceder así. O que pasa é que, neste caso en particular, hai un curioso enlace que fai que ambas festas se fusionen: un concurso de tapas que, curiosamente (que curioso todo, non?), se celebra durante esta fin de semana e que, tamén curiosamente (pero que curioso todo!), entrega os seus premios, tanto a establecementos como a consumidores, durante a inauguración da cita gastronómica.
Deste xeito tan ‘inocente’, ambas festividades conflúen nun mesmo tempo e nun mesmo lugar, e resultará máis que probable ver a algún ‘moderno’ consumindo algunha tapiña en calquera local da vila (máis dunha caerá, iso seguro…) ou a algún curioso espécime ‘tradicional’ achegarse ata a carpa fucsia do FIV, ó principio quizáis por curiosidade, quizáis ó final por atracción. Quen sabe… O que si é certo é que, en ámbolos dous casos e mediante a fusión ‘tapística’, o que sen dúbida obterá o maior beneficio será o propio municipio vilalbés, unha capital chairega que, polo menos durante dúas fins de semana, se convertirá, como mínimo, na capital festiva de Galicia. Esaxerado? Agardo os vosos comentarios con impaciencia…
Baruk Domínguez Grandío CLX4