16 anos en común

Estes días cúmprense 16 anos do nacemento de Cuac FM. Seguramente moitos de vós non saberedes de que estou a falar. Eu, ata hai uns días, tampouco.

Foi polo facebook dunha amiga como me enteirei da existencia da emisora coruñesa. Pirata para algúns, comunitaria para outros, o caso é que esta radio é distinta, e non recibe ningunha atención dos medios de comunicación, tal e como reza o pé da foto do anivesario: “Comparte esta imaxe no teu muro. O resto de medios de comunicación non lle van adicar nin un breve a esta nova”.

Así, comprobei que existe vida máis alá de Radio Favela, e que esta se atopa máis preto de nós do que pensábamos. Lonxe de enseñacións do profesor e magníficas películas que idealizan a realidade -como eu consideraba cando vin Radio Favela-, as radios comunitarias non supoñen unha utopía, tal e como demostra Cuac FM.

¿Pero como funciona Cuac?

O funcionamento é ben simple, e aberto á participación de todos. Por unha cota de 24 euros ó ano, cada socio de Cuac obtén o dereito a participar na elaboración dun programa semanal dunha hora. Así, a grella de Cuac FM estrutúrase a través deses espazos, nos que, sen ningunha censura, se recollen os intereses da cidadanía, que non son outros que os intereses da pluralidade de socios que a forman.

Así, se collemos as características que relacionan a comunicación coa comunidade veremos que Cuac FM cumpre todas: unha localización (neste caso local), unha elevada participación e sinxelo acceso ós seus micrófonos por parte da cidadanía e unha alternatividade que a converten nunha verdadeira emisora comunitaria.

Fernández Lema, S2B

Posted on 28 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , . Bookmark the permalink. 9 Comentarios.

  1. Arantxa Álvarez Bao; S1D, 1A3

    Cuac FM siempre me ha parecido una idea genial. La conozco desde hace unos tres o cuatro años. No la he escuchado mucho más allá de Malo Será, pero, aunque no sea una emisora que destaque por su profesionalidad de locución o por sus criterios periodísticos, es una oportunidad para mucha gente de tener voz, y eso es, para mi, una de las cosas más importantes de los medios de comunicación.
    Aunque se emita desde la UDC y sea un poco difícil encontrar la señal desde nuestras radios, puede escucharse perfectamente desde Internet, así que animo a la gente a que lo haga.

  2. Lo mejor de todo es que en muchas ocasiones esos 24 euros se costean con pequeños espacios publicitarios de comercios coruñeses, por lo que realmente puedes tener presencia en un medio de comunicación por 0 euros.

  3. Saúdos. Vos escribe un socio de Cuac FM:

    Estamos inscritos no rexistro correspondente como asociación cultural, non temos ánimo de lucro e por ilo rexeitamos o calificativo de pirata. Nos consideramos unha radio comunitaria, e de feito, participamos na creación da Rede de Medios Comunitarios e formamos parte de ela (http://www.medioscomunitarios.net); ao igual que de ReGaRLiC (a Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias http://www.corme.net/regarlic/web/Inicio.html); e de AMARC (a rede mundial http://www.amarc.org).

    Sobre as cuotas, hai que puntualizar unha cousa: a cuota anual por persoa asociada (implantada a partir do ano 2011) é de 24 euros ao ano (agás para parados/as, xubilados/as e estudantado, que é de 12 euros). Eses 24 dan dereito a ser persoa asociada a Cuac FM. Tamén hai unha cuota mensual por programa (que leva moitos anos na emisora), e que consiste en 25 euros por hora semanal (esta última cuota a paga cada programa, sexa cal sexa o seu número de integrantes).

    Ademáis dos programas “normais”, temos os programas “comunitarios” (como Ar de Coruña, ou Maquetas Cuac) onde calquera socio pode participar sen incrementos de cuotas.

    Sobre o que di Román Conde: Antes da entrada en vigor da Ley Xeral da Comunicación Audiovisual (2010), os programas podían ter patrocinios de pequenos comercios da coruña (que lles pagaban a cuota de socio), pero a ley prohíbe que os medios de comunicación sen ánimo de lucro radiofónicos ou televisivos teñamos “calquera tipo de comunicación audiovisual comercial”, incluindo como tal o patrocinio. Por iso, na Asamblea Xeral de maio de 2010 decidimos eliminar o patrocinio na emisora.

    Polo demáis, moitas grazas polo artigo 😉

  4. Por cierto: mañana, cobertura especial de la Huelga General:
    http://medioscomunitarios.net/spip.php?article66

  5. Lara Lozano Aguiar

    E como conseguiche saber como funciona Cuac Fm. Como xornalista investigarías pola túa conta e non buscarías na rede ou? Propoñoche que para elaborar próximos post te achegues a eles, a alguén encargado desta radio para que nos conte a todos nós como xorde e como se senten logo de 16 anos como “profesionais”. Iso é o que nós queremos saber! Algo da súa experiencia e o segredo de porqué funciona! O dito, anímate e acheganos unha boa entrevista porque como os medios non van cubrir esta celebración non vas ter competencia!

  6. Imos ir por partes, que son moitos comentarios 🙂

    Arantxa, estou totalmente de acuerdo contigo. Evidentemente, de una radio comunitaria no se puede uno esperar que la calidad de la locución o la utilización de los criterios periodísticos sea excelente, pero no se trata de eso. La labor social que realizan bien suple esas posibles carencias.

  7. Efectivamente Alberto, las cantidades son muy modestas, y si exploras vías innovadoras de financiación, puedes locutar deforma gratuita, En cualquier caso, creo que bien merece la pena pagar 24 euros para participar en este proyecto. Yo no lo veo como un precio, sino como un donativo.

  8. Gracias a ti, Fer Losada, por interesarte polo artigo e podernos ofrecer de primeira man a testemuña dun membro de Cuac FM. Ademais, as túas aclaracións foron moi ilustrativas, e serviron para dar luz sobre algunha das dúbidas que podiamos ter sobre o funcionamento da radio, ademais de correxir algún dato incorrecto que había no post. Un saúdo e a seguir traballando con moito ánimo!

  9. A verdade é que unha moi boa idea, Lara, e aínda que para o post desta semana xa non me vai dar tempo, espero desenvolvela nalgún outro post de aquí a final de curso. Supoño que a miña amiga non terá problema en realizar esta entrevista. Ó fin e ó cabo foi a través dela que souben da existencia de Cuac!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: