Destino: Salamanca

O pasado venres saíu a lista provisional de destinos SICUE para o vindeiro curso. E a min, xunto con Bea Yáñez, tocoume a Universidade Pontificia de Salamanca -tal e como quería.

Esta capital de provincia castelá –declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO, por certo- é un dos destinos universitarios por excelencia en España. O ambiente que se respira nas súas rúas tan cheas de historia é semellante ó casco vello de Compostela e o seu “bule-bule” diario. Así, os mozos e mozas que alí estudan enchen de frescura o seu distintivo plateresco avellentado polos séculos. É un lugar con moita vida. Ademais, conta coa universidade en activo máis antiga de España, que constitúe tamén unha das primeiras fundadas en Europa. O tan sabio Afonso X, alá polo século XIII, impulsou un primitivo centro de estudos que -¡quen mo diría!- darame a min acollida no próximo ano.

Velaquí o que considero un dos cambios máis significativos: pasar dunha USC pública (por agora) a unha UPSA privada. Sei que estarei fóra de “hábitat”, e isto imponme un pouco, pero tamén sei que é unha experiencia e que, coma todas, me enriquecerá. Será un gran cambio a nivel profesional e a nivel persoal, que, expectativas á parte, só poderei valorar cando conclúa. Polo de agora, quedo cunha frase de William Shakespeare que di que <a aprendizaxe é un simple apéndice de nós mesmos: alí onde esteamos, estará tamén a nosa aprendizaxe>. Pois desta volta, toca Salamanca.

(Vídeo dun programa de La Sexta sobre a vida universitaria salamantina)

http://www.youtube.com/watch?v=mdm63ynCUEQ

Liñares García, GBCP.

Posted on 28 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Anxela Pedrouso Areán

    Sen dúbida algunha Salamanca aseméllase moito a Compostela polo que tampouco estarás tan incómoda. E mellor que te acostumes a unha universidade privada porque quen sabe se cando voltemos á USC en cuarto ano non teñamos todo isto privatizado, ou que a privatización que xa hai esté máis evidenciada. Non sei se xa estiveches naquelas terras algunha vez ou, coma eu que vou a Sevilla nunca pisei o Sur, pero en canto chegues busca a famosa ra (que non che direi onde está) pero de seguro que che da sorte para o resto do curso.

  2. Yanire Díaz Villaverde

    Seguro que te acostumas fácil, Olalla. Ademais de que o clima é bastante semellante tamén estarás preto para cando che entre a morriña. Outras non teremos tanta sorte.
    Con respecto á universidade privada pois… intenta sacarlle o maior partido posible. Se é unha basura, pois pensa que así agradecerás máis a volta a cuarto e valorarás máis a USC. Aínda que pode que, prexuízos á parte, te sorprenda o sistema educativo. Eu, polo de agora, creo máis na opción a.
    Disfruta moito da vida universitaria, pero acórdate tamén de aproveitar o patrimonio cultural desa cidade.

  3. Beatriz Yáñez Castro

    Compañeira de viaxe e aventura, creo que nos espera un ano cheo de cousas novas e de moi boas experiencias. Miña irmá estudou alí a carreira e está aínda máis contenta ca min de que vaia! Di que non nos imos arrepentir de escoller esta cidade, que nos vai achegar un bo feixe de cousas boas! E é que, como ti ben dixeche, trátase dunha cidade universitaria con moi bo ambiente e chea de actividades culturais.
    En canto á UPSA, non vou opinar sen vivilo en primeira persoa polo de agora, só dicir que espero que nos vaia moi ben e veñamos de volta cargadas de novos coñecementos profesionais que nos sexan útiles para o noso futuro como xornalistas.
    Déixovos aquí un álbum de fotos da nosa futura universidade:
    Llenazo en el Palacio de Congresos

  4. Lara Lozano Aguiar

    Aproveita a experiencia que de seguro dá moito de sí. Temos que aprender a movernos e a adaptarnos a outros lugares porque o día menos pensado tócanos marchar daquí de xeito voluntario ou involuntario. A adaptación ( definida por Enrique Pichon Rivière a capacidad de proporcionar unha respuesta axeitada e coherente por parte do individuo ás esixencias do medio) é moi importante a ter en conta, pero tamén o conformismo.

  5. Olalla Liñares

    Non podo dicir moito máis logo do que eu adiantei e o que vós completáchedes. Certo que pode ser a Compostela castelá, certo que será un punto de inflexión, e certo que o da UPSA será unha aventura. E aproveitando o que di Lara, ó mellor non respondo da forma máis coherente e axeitada a este cambio, polo menos desde o punto de vista dos meus pais -jaja. Quero dicir que igual vou estar un pouco máis descentrada nos estudos, pero é algo necesario se quero adaptarme á nova xente. Espero non tirarme moito á bartola, e sinceramente non creo que así sexa, pois o que a Pontificia me pode ofrecer seguro que fai que me centre e me interese.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: