Os inmigrantes, mudos na prensa

Con motivo do noso traballo de TS, que ten como finalidade o estudo da situación do colectivo inmigrante hoxe en día e no noso entorno, estamos deseñando unha serie de actividades que nos axuden a difundir as súas vivenzas e o rol que ocupan dentro da sociedade. Nesta ocasión, escollemos a elaboración de dietas: cada un dos membros do grupo escolleu un medio de comunicación ou varios e fixo un estudo das noticias (publicadas entre o 14 e o 21/03/12) sobre o colectivo inmigrante.

Eu seleccionei o xornal El País. Despois de ler as diferentes novas e de observar a voz ou o protagonismo que se lle otorga aos inmigrantes cheguei a unha serie de conclusións. A primeira dela, e que se pode apreciar a simple vista, son os temas da información de índole marxinal ou delictivo (prostitución, rede de tráfico de persoas) ou institucional/corporativo ( ONGs, censos). Polo tanto, o contido das informacións non tratan, polo analizado, aspectos positivos do colectivo. Ademais, nestas novas a voz dos inmigrantes é inexistente. Na noticia sobre prostitución (http://bit.ly/Hf4Npl )que alerta da gran porcentaxe de mulleres inmigrantes que se ven envoltas na explotación sexual, non mostra nigún dos seus testemuños.

En conclusión, ao colectivo de inmigrantes outórgaselle un rol negativo ou en todo caso, adornado con novas institucionais que non teñen máis fin que un reconto cuantitativo. O xornalista debe ahegar as vivenzas dos inmigrantes e deixarlle un espazo, tamén, para que eles o fagan.

Mosteiro Reboredo, Mª Cristina

S2D, 3a1

Posted on 28 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Lara Lozano Aguiar

    Ti centraríaste en El País, máis as dietas relacionais non se poden centrar só nun só xornal. Cada un dos membros tiña que dar con novas non buscalas en sí. De todos modos, sexa buscando a infrmación ou deixando que esta te busque a ti os medios de comunicación nunca posicionan (ou case nunca) aos inmigrantes como protagonistas de noticias positivas para a sociedade.

  2. Miriam Varela Fernández

    Efectivamente, a inmigración é unha fonte case diaria de información nos medios de comunicación. Os procesos de regularización ou a interceptación de pateras son o argumento diario de noticias en prensa, radio e televisión. Pero, que imaxe ofrecen os xornalistas dos inmigrantes? É interesante esta pregunta que vos plantexades. Precisamente, na vosa mesma liña, Andreu Casero, profesor de Comunicación Audiovisual da Universitat Jaume I, estudou entre 2001 e 2002 o tratamento que a prensa española dá á inmigración e os resultados non son precisamente positivos. Ao igual ca ti, Cristina, concluíu que os xornalistas tenden a presentar o fenómeno da inmigración como un “problema” e a establecer unha clara distinción entre “nós” e “eles”.

  3. Óscar Vallo Mirás

    Ya no solo la prensa tiene una visión negativa. Según había leido hace unos meses hasta la población, concretando en el caso de andalucía está incrementando la visión negativa de la llegada de inmigrantes (www.ideal.es/granada/20110811/local/almeria/mitad-almerienses-tiene-vision-201108102115.html) ¿Por qué este alza de la visión pesimista hacia ellos, si por ejemplo andalucía ha convivido muchísimos años con este echo? ¿Qué es lo que ha marcado un punto de inflexión en la percepción de este colectivo?

  4. En realidad, somos muy hipócritas. Lo somos, porque no nos damos cuenta que, seguramente, muchos de nuestros familiares, también fueron inmigrantes en un pasado no muy lejano, sólo hace falta remontarse a los tiempos de la dictadura franquista. Todos formamos parte del mismo mundo y de la misma realidad social, el problema es como lo enfoquen los medios, que son, quienes realmente, transmiten la información a la sociedad.

  5. Mª Cristina Mosteiro Reboredo

    Aclarar nun primeiro momento, que as novas sobre os inmigrantes chegáronme de diversos medios e de diferentes formas, o feito de que incorporara reflexións sobre o xornal El País débese a un exemplo das mesmas, sin máis transcendencia.
    Aclarado isto, claro está que os inmigrantes son tratados polos medios de forma negativa e como apunta Miriam sempre se fai esa distinción entre “eles” e “nós”. É certo que vivimos nunha sociedade hipócrita e individualista, e é por iso, que intentamos mirar polo noso e xa. A inmigración está ben vista cando se necesita man de obra e a do propio país non pode abastecela, entón aí si que nos mostramos máis comprensivos e hospitalarios. A situación do caso andaluz, que propón Óscar, eu penso que se debe a esa relación de man de obra-inmigración: na situación actual cunha gran crise económica-política-social ás nosas costas, o feito de que se incorporen novas persoas á búsqueda de emprego fai que nos volvamos máis reacios e menos amables.
    O tema da inmigración é complexo, diso non teño dúbida pero penso que toda acción racista hacia eles ou hacia algún colectivo en especial reside na ignorancia e na estupidez. As persoas dunha mesma cultura comparten lingua, costumes, estilos de vida e iso non é un patrón que decida se son boas ou malas persoal.
    Ademais, a educación, penso, que non axuda a integración nin de outras culturas, nin doutras linguas, nin nada. A educación ten esa tendencia de separar entre “listos” e “burros” e as persoas que nos molestan, mandámolas fóra (caso de nenos/as que teñen problemas de aprendizaxe, algún tipo de discapacidade…).
    E é que para convivir no mundo debemos partir duha escola solidaria e comunitaria, o mundo é de todos e, ao mesmo tempo, de ninguén. As fronteiras, esas liñas que se pintan no solo, non son máis que divisións que fixeron aqueles para mandar nestes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: