“ProT: A importancia de comunicar”

Seguindo co cronograma establecido hoxe foi o noso último día en GOGAMI. Para unha entidade como esta  as redes sociais son imprescindibles xa que ó ser unha asociación sen ánimo de lucro tampouco poden permitirse gastar cartos na difusión da súa imaxe polo que as ferramentas que ofrece a web revolucionaron a forma de traballo do gabinete de comunicación.

COGAMI ten perfil en facebook, twitter, google+, linkerin, youtube, ibox… Estes perfís axudan a difusión da labor que leva a cabo a entidade e completan ó boletín. Ademais, COGAMI renovará este mes a súa páxina web (pincha aquí para ver a actual) e estase a manexar a posibilidade de inserir publicidade para así obter beneficios económicos. O que máis nos chamou a atención na nova páxina web, xa que nos tivemos a posibilidade de vela, é que ten unha guía de estilo para xornalistas para que aprendamos a tratar ás persoas con discapacidade nos medios.

Por outra banda, axudamos ó gabinete de prensa coa realización dunha estratexia comunicativa para achegar a labor de COGAMI á Costa da Morte. O traballo xa estaba algo encamiñado mais nós puidemos aportar ideas frescas,  xa que non estamos encasilladas nas rutinas que eles teñen de traballo, e estas foron aceptadas por parte dos membros xa que lles parecían axeitadas. Algunhas das nosas ideas foron as charlas sensibilizadoras nos institutos ou o contacto mediante redes sociais con posibles interesados antes da chegada de COGAMI ó seu Concello para que así xa teñan unha idea previa.

Pedrouso Areán

S2D, texto do grupo ProT 3a1 (Mosteiro Reboredo, Paz Fraga, Pedrouso Areán)

Posted on 28 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 8 Comentarios.

  1. M.Cruz Negreira Rey

    Que ben que souberades enfocar tan axeitadamente o traballo! De seguro levades unha morea de experiencias coas persoas e traballadores da asociación, pero tamén adquiristes práctica nas estratexias comunicativas dun colectivo e na súa promoción.
    A ver se pronto nós tamén podemos ver esa nova guía de estilo para aprender a “falar” sobre as persoas con discapacidade, dificultade coa que o noso grupo de ProT (3a2) se atopou esta semana. Parabéns!

    • Anxela Pedrouso Areán

      A verdade que foi moi grata experiencia xa que unha síntese ben logo de estar axudando e ver que o que fai pois serve pra algo, é dicir, que aportas algo de valor e non es unha estatua alí posta. Ademáis incluso foi divertido porque estabamos a facer unha chuvia de ideas e entre as duns e as doutros aínda rimos algo que o fin e o cabo estamos neste traballo porque nos gusta traballar en grupo e non diante dun monte de libros. Ah! Pois cando esté a páxina nova lembrádenos que poñamos un link directo á guía que así ademáis dádeslles visitas que suman ó cómputo da publicidade e facédelos gañar alguns cartiños que nunca están de máis 🙂

  2. Beatriz Yáñez Castro

    Alégrome de que a vosa experiencia en COGAMI fose tan grata! Nós no noso traballo TS tamén tivemos contacto con esta asociación. Tamén nos relacionamos coas rapazas do gabinete, pero profundizamos máis coa persoa que coordina a integración laboral das persoas con discapacidade.
    A min polo menos pareceume interesante coñecer as actividades e proxectos que desenvolven e o tipo de organización que teñen. Creo que facerse máis visibles e nas redes sociais vainos beneficiar para que toda a sociedade saiba da súa actividade.

    • Anxela Pedrouso Areán

      Eu non cheguei a coñecer, evidentemente, a todas as persoas que integran a asociación pero si que é certo que con todas as que tratamos nós portáronse de maravilla. E si, as redes sociais son fundamentais xunto con todas as ferramentas de internet. Miranos a nós, facendo os traballos dunha asignatura mediante blog! e non é a primeira vez!

  3. Lara Lozano Aguiar

    E importante que asociacións coma COGAMI conte cunha guía de estilo para xornalistas co fin de aprender a tratar as persoas con discapacidade. En xeral, os medios tamén deberían contar con guías deste estilo e digoo tras realizar as dietas relacionais no traballo TS do S2D. En conclusión sacamos en limpo que os medios tratan ás persoas todas iguais e algunhas incluso as menosprezan ( é o caso estudado por nós dos inmigrantes). Isto débese cambiar porque todos somos persoas sexa da razas que sexa, teña ou non unha patoloxía, saiba ler ou non…

    • Anxela Pedrouso Areán

      Evidentemente, paréceme unha extraordinaria iniciativa a de COGAMI pero tamén penso que nós deberiamolo ter aprendido de antes. E digo nós como persoas e non como xornalistas, debemos saber tratar á xente, comportarnos, vivir en sociedade sen que ninguén nons aporte unha guía de estilo nin nada semellante. Pero vendo o que acontece cada día nos medios non está de máis que nos eduquen a estas alturas da vida. Como vexo que estades todos moi interesadoes na guía (eu tamén) porémola en canto esté a nova web así que atentos ós nosos posts!

  4. Miriam Varela Fernández

    Informar e falar sobre a discapacidade obriga aos cidadáns, e tamén aos xornalistas, a esforzarse á hora de tratar este asunto. Dende logo, un merecido aplauso a COGAMI por levar a cabo esta iniciativa de elaborar este manual de estilo co obxectivo de non estigmatizar nin etiquetar. Agora ben, aínda que estea destinado para os xornalistas, non viría mal que o resto da cidadanía lle botase unha ollada!

    • Anxela Pedrouso Areán

      Si que merecen un aplauso, ademais sempre que estabamos por alí cando sale o tema de como tratan ós discapacitados nos medios eles estaban moi en contra. Polo que, aínda que quizás nós non nos demos conta, debe ser algo que acontece a diario. E non, non viría mal que todos aprendesen a falar con respeto pero non só os discapacitados senón tamén en ámbitos raciais, culturais etc

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: