“ProT: Sen a sociedade non seríamos ningúen”

Esta foi a frase elixida por Alberto Varela, xornalista de COPE Santiago, para pechar a entrevista que mantivemos hoxe mesmo na sede da cadea. El, un dos poucos xornalistas que paseaba os corredores da radio por ser día de folga xeral, concedeunos a entrevista sen problema ningún pese á falta de tempo para preparar o informativo da tarde, unha présa que soubo disimular nas súas respostas.

En primeiro lugar estábamos interesados en averiguar se el, coma xornalista e condutor dun dos espazos da COPE con máis temática social no ámbito local, pensaba se as radios atendían verdadeiramente ós intereses da cidadanía. A súa resposta non só foi positiva senón que tamén nos falou de “relacións de favores”.  Así, explicounos que traballando para a CADEA Cope, é normal que asociacións coma Cáritas, a Cruz Vermella ou mesmo Mans Unidas tivesen bastante protagonismo nas programacións.

Ata que punto marca un xornalista a axenda social?
“O 100%” contestou convencido, “somos nós os que decidimos a primeira hora do día todas as informacións que sairán publicadas, o director pode darnos algunha suxerencia, pero no fondo, tomamos nós a decisión.
Así pasou a media hora de entrevista, entre preguntas ás que vos seguiremos respostando vindeiras semanas e que cada vez nos permiten ir achegándonos máis a coñecer a verdadeira responsabilidade social á que atende esta cadea.

Fernández Fernández, S2B, 2A3

Posted on 29 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Angel Castro Silva

    En primeiro lugar decir que non lindo moito ca liña editorial da COPE pero vou supoñer a indepencia do xornalista. Non sei se estades a falr só da radio pero onte, co gallo da folga xeral poiden ver coma o Ministerio de interior ordeou que se pararan de emitir as imaxes aéreas que se estaban a tomar da manifestación de Madrid no canle 24 horas. Se tedes tempo olade o programa ” Otra mirada a El Mundo”, veredes o sesgo informativo que se produce. Os xornalistas dista canle son voceiros políticos que manipulan a realidade. Unha vergoña para profesión!!!

  2. Emma Fernández Fernández

    Non lle falta razón na súa argumentación, pero Alberto tamén nos explicou que as competencias dun xornalista a nivel nacional son moi diferentes ás dun que traballa a nivel local.
    Así, el nos explicaba que, sempre tendo en conta a liña editorial da radio, non se lle ocorrería pactar unha entrevista cun colectivo de abortistas (non pola súa ideoloxía individual, senón porque respeta a cadea na que traballa). Con todo, tamén nos dixo que no seu caso, a liberdade para elaborar os contidos era plena xa que o director de COPE Santiago non era xornalista, e que polo tanto non tería sentido que intervise nos temas tratados.
    Polo tanto, penso que as marcas e tendencias ideolóxicas nos medios en xeral, a nivel local, difumínanse máis que cando falamos a nivel nacional.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: