A comunicación e o desenvolvemento

Esta semana asistín a conferencia organizado polo grupo ProT de Intered sobre “Educación para o desenvolvemento”, duas horas ben interesantes que me fixeron reflexionar sobre o papel colonizador que teñen os países desenvolvidos sobre os países do cono sur do mundo.

Tendo en conta unha perspectiva histórica, os países do chamado “primeiro mundo” levamos décadas aproveitandonos e explotando aos demais países sen pensar no seu propio desenvolvemento. Proceso no cal a comunicación tamén ten unha gran responsabilidade, pois poden contar eles se non os incluímos na conversación?

Desta maneira, se consideramos que os procesos de comunicación permiten ás comunidades definir quenes son, cales son as súas aspiracións e necesidades, e como poden traballar para a mellora das súas vidas; o diálogo convírtese no eixo da comunicación para o cambio social: intercambiar ideas, informar, pero, sobre todo, escoitar. Esta é a idea central do estudo da comunicación e desenvolvemento que inspira a formulacións de políticas e programas de desenvolvemento ou para activar a comunicación para a busca do cambio social. Programas que se deberían levar a cabo dende todas as partes do mundo para reactivar unha comunicación global que implique o desenvolvemento de todos os países. Mais isto non é posible se un dos principais implicados só se mostra falsamente interese por escoitar aos que están noutro lado. Cales credes que poden ser as solucións a este conflicto comunicativo? Ou mellor dito a esta falta de comunicación?

Bragado Paz, GBCP

Posted on 31 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Non teño nin idea sobre o tema, mais sinto non poder aportar moito.
    O único que podo dicir ó respecto foi unha iniciativa de AGARESO (asociación galega de reporteiros solidarios) que comentaron o outro día nun seminario onde poñían en marcha unha radio comunitaria en Guatemala. Foi unha forma de ver que existen iniciativas máis alá de levarlles comida ou xoguetes á xente desfavorecida e que de verdade pode axudar no seu desenvolvemento.

  2. A iniciativa de AGARESO, aínda que non coñezo exactamente como funciona, é un deses exemplos da utilización da comunicación para o desenvolvemento. Unha solución a esa falta de comunicación que existe.

    Graciñas polo teu comentario Alberto 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: