Buah Neno!

Se agora solto a seguinte frase: Fuah neno acabo de venir de la kel de mi plas, que compró un chukel nuevo para su ja, mazo bonito!.Mais de medio mundo quedaría atónito ante o descubrimento dunha nova lingua, pero nada máis lonxe da realidade. Trátase do Koruño lingua urbana cooficial e coexistente co castelán e o galego.

Saco este tema, para falar da exlusión social lingüística. É decir, cantas veces temos cambiado a nosa maneria de falar dependendo do entorno co que nos relacionásemos?. Ou ata que punto nos sentimos integrado nun grupo que ten outra jerga, ou outra lingua?. A pesar de todo o que nos inculcaron dende pequenos, penso que é algo que nos afecta moito  e que as veces deriva nun problema de integración social; como lle pode ocorrer aos inmigrantes.

Parece unha tontería pero non o é tanto, aínda seguimos mirando raro a ese par de rapazas ou rapaces  que están no bus mantendo unha conversa en ruso, rumano, ou calquer outro idioma que nos sone a chino.É unha situación moi complexa xa dentro dunha comunidade como Galicia, as friccións entre castelan-falantes e galego-falantes. Pero si nos poñemos na pel dos inmigrantes que pasa?.  Eu pensó que ainda que on se queira recoñecer vivimos moitas máis situación de exclusións lingüísticas das que se pensan. Deixo xusto un enlace que fala deste tipo de integración, tratado dunha forma moi xeral.

http://www.ciedh.es/documentos/medicion_integracion_inmigrantes.pdf

Álvarez Gromaz S1F, 1A 3.

Posted on 31 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Non creo que haxa realmente exclusión social maior cara aos inmigrantes que cara aos que seguen a utilizar o galego no tocante do castelán. É máis, atreveríame a dicir que ata as linguas foráneas son máis valoradas que a propia, pero claro, só é unha opinión…

    Lara Salgado Santos.

  2. En certo modo iso é o que quería deixar entrever,baseandome no caso concreto da Coruña. Non é só a discriminación externa doutra xente, tanto como os propios prexuizos internos que podemos ter nos mesmos.
    No meu caso, a opción lingüística é algo máis complexo. Nado a deriva entre o castelán e o galego dado a miña condición de asturiana. Pero no o fago por mal ou por vergoña senón que falo co que me sinto máis cómoda en cada momento. E este era un tema que me interesaba para debate. Xa que non sei ata que punto a lingua que falas ten que ser algo fixo, ou unha cor máis na túa paleta de comunicación.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: