“El pozo de los deseos”

Esta curtametraxe documental conta a labor da Fundación Pequeño Trabajador a través da historia de tres nenos protagonistas, así coma das testemuñas dalgúns dos integrantes do proxecto. Os nenos atópanse no contexto dun barrio deprimido de Bogotá e proceden de familias desestruturadas. A situación de pobreza que viven fai que se vexan obrigados a traballar para  que as súas familias podan saír adiante. O obxectivo da Fundación é que, xa que non poden deixar de traballar, polo menos podan compaxinalo cunha educación inclusiva e de calidade, propiciando o desenvolvemento humano e sostible.

Aparte da súa dubidosa calidade documental, sobre todo pola sobreactuación das partes nas que saen os nenos, a curtametraxe presenta elementos interesantes no tocante á comunicación. Un dos aspectos que máis destacan é o papel que xoga a escola, creando unha comunidade moi particular, formada por nenos e profesores. Tamén é interesante a comunicación que se establece entre eles de forma directa. Pero, ademais, xoga un papel moi importante a lectura, sobre todo como ferramenta para comunicarse cos demais e para entender o mundo que os rodea. A escola convértese entón nunha comunidade, en parte substitutiva das familias, que une ós seus integrantes a través da realización de actividades xuntos, onde os profesores actúan como nexo de unión entre os nenos, unha figura líder fundamental tamén para a comunicación co mundo que os rodea.

O documental mostra cómo se traballa un dos piares fundamentais de InteRed como é dereito á educación e o papel fundamental que xogan as escolas e as posibilidades que estas lles ofrecen nas vidas dos nenos. Aquí podedes ver unha das versións da curtametraxe, na que só se conta a historia dos nenos:

http://www.youtube.com/watch?v=XTvkbBixLto

http://www.youtube.com/watch?v=RzLB2H5D2gs

Bereijo Piñón, S1F, 1A3

Posted on 31 Marzo, 2012, in Documentos and tagged , , . Bookmark the permalink. 2 Comentarios.

  1. Sabela Cereijo Vázquez

    Tes razón sobre a sobractuación, sen dúbida é un tanto en contra á credibilidade do documental. De tódolos xeitos, paréceme un proxecto moi interesante, agardo máis información ao respecto!

    • Creo que a sobreactuación podería estar xustificada porque é un documental pensado para exhibir fundamentalmente nas escolas, polo que quizais deste xeito sexa máis sinxelo chegar ós nenos. Aínda así sigo pensando que merma considerablemente a calidade do documental.
      A través disto conséguense achegar os puntos básicos de InteRed á xente, dunha forma moito máis amena que a través dos folletos informativos, por exemplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: