Ese extraño chamado dereito ao esquecemento

Esta semana que remata estiven a ler unha serie de documentos referentes aos dereitos do tratamento de datos (persoais e públicos) na Internet e puiden ver o gran avance que hai na materia sen ter regulación todavía existente, estase a traballar co dereito ao esquecemento nos xulgados sen normativa vixente. A actualidade informativa estatal recóllea Jordi García Albero en Novedades legislativas: normativa estatal onde podedes consultala.

Máis centrado no estudo da materia está o seguinte monográfico a modo de crónica sintética do VII Congreso Internacional Internet, Dereito e Política de Javier de la Cueva González-Cotera que versa sobre o dereito ao esquecemento e a neutralidade de Internet.

A neutralidade da rede é “o principio que garante que todo contido que se transmite por unha rede de comunicacións é tratado da mesma meneira e sen discriminación algunha nin polo seu contido nin polo seu orixe ou destino” e o dereito ao esquecemento é “o dereito a que o pasado non se convirta en presente continuo”. Fálase de como os usuarios temos dereito a borrar información persoal e os proveedores a obriga de permitírnolo, nós debemos poder elixir a quen chega esa información e quen ten prohibido o acceso á mesma (a excepción de feitos históricos e persoas xurídicas).

E finalmente lin unha impactante sentencia sobre un recurso a unha pena imposta por un delito de posesión e distribución de pornografía infantil, nel o recurrente pide a nulidade da proba por violación da intimidade e do dereito á presunción de inocencia. O comentario, feito por Pablo Contreras Cerezo é de lectura obrigada.

Deus Rivadulla, Alba S1E 2A4

 

 

Posted on 31 Marzo, 2012, in Sen clasificar and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: