Arde a información

Que os medios de comunicación están manipulados é algo que todos sabemos. É raro o día no que non se nos repita que a obxectividade non existe. Non nos enganan, unha vez que saiamos ó mundo laboral teremos que acatar as normas que se nos digan, probablemente non teñamos nin a máis mínima posibilidade de opinar e teremos que baixar a cabeza. Mentres tanto aproveitarei todas as oportunidades que teña para dicir o que penso.

Este “enfado”, por chamalo dalgún xeito, vén polo incendio ocorrido este sábado nas Fragas do Eume e a labor dos medios para dalo a coñecer. De non ser pola rede social “twitter” este incendio non tería acontecido ou pasaría a ser “un máis” dos que asolan o noso patrimonio. O incendio comezou ás 15:00 do pasado sábado, sobre as 00:00 conecteime á rede e foi cando descubrín o suceso. Para a miña sorpresa foran moi poucos os medios que se fixeran eco desta información. A propia CRTVG canle que, teoricamente, tería que contar ós cidadáns galegos o que ocorre na súa comunidade estaba a emitir con total normalidade. O propio twitter da Xunta non se pronunciou até o domingo ó igual que o da CRTVG. Todo isto sen contar que os datos que emitía o xornal “La voz de Galicia” na súa edición do domingo eran errados, pois a súa información era que foran 500 as hectáreas afectadas cando, en realidade, foran 2000 (diferenza bastante considerable).

Por último dicir que estase a queimar unha das xoias de Galicia, o incendio todavía segue activo, e foi provocado, gustaríame saber que hai detrás de tanto sangue frío.

ImageImage

Quiñoy Montero, S3B,3B2

Posted on 1 Abril, 2012, in Sen clasificar and tagged , , , . Bookmark the permalink. 5 Comentarios.

  1. Laura Quiñoy Montero

    Doutra banda e volvendo ó comezo deste post dicir que, aínda que nun futuro teña que comerme estas palabras, non estudo xornalismo para ser unha peza máis dun sistema que se move por puros intereses económicos. Sinto vergonza ó ver que estes son os medios que temos.

  2. Angel Castro Silva

    Pois acabas de decir o que hai detrás desa sangue fría… intereses económico-políticos. A miña teima é saber se aquela persoa que lle prende o lume os nosos montes e capaz de distinguir entre un piñeiro e un eucalipto. Penso que non, de sabelo endexamais se lle ocorririía facer tal cousa. Que busquen os responsables e que sexan condeados tanto anos coma os que tarda en medrar un carballo.

    • Laura Quiñoy Montero

      Aínda que mo explicasen cen mil veces sería incapaz de comprendelo. Coma sempre, ten que haber algo máis alá da persoa que “tira a primeira pedra” e iso é o que fai que ocurra todo isto.
      En canto ás condenas toda pena que lle poñan a estas persoas parecerame pouca tendo en conta o dano que fan e que se están cargando o patrimonio máis grande de Galiza, mais sempre ocorre o mesmo acordámonos de Santa Bárbara cando trona e sempre valoraremos máis o de fóra que o noso.

      • Miriam Varela Fernández

        Creo que o título deste post non podería ser máis acertado. Arden os montes, e con eles arde a información. Porque aos medios non lles interesa cubrir este tipo de “barbaridades”, porque non se lles pode chamar doutro xeito. Ben, non aos medios propiamente, senón aos intereses político-económicos que os controlan. É triste, pero é a realidade. Ao igual que é unha realidade que hai soltos por aí unha serie de pirados que van prendendo lume a un dos nosos bens máis prezados. Estou totalmente de acordo contigo en que todo castigo será pouco.

  3. Laura Quiñoy Montero

    Non podo máis que darche a razón Miriam porque o que está a pasar nos nosos montes é algo moi triste e que non ten perdón.
    Estas catástrofes naturais están a rematar coa verdadeira identidade galega mais mentres que o sistema continúe a funcionar así non é outra a saída. Ademais, grazas á mala cobertura que existe sobre o tema, todavía se segue a falar de 750 hectáreas queimadas cando foi unha cifra superior, a poboación non está debidamente informada.
    Doutra banda, vai case unha semana desde que se produciu este incendio e xa son moi poucas as novas sobre este tema e iso si que me parece triste.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: